Efecto invernadoiro

400px_.png

Efecto invernadoiro

Denomínase efecto invernadoiro á absorción, por parte da atmosfera, de emisións infravermellas impedindo que escapen ó espazo exterior e aumentando, polo tanto, as temperaturas medias do planeta.

 

O efecto invernadoiro evita que a calor do Sol deixe a atmosfera e volva ó espazo. Isto quenta a superficie da terra, co cal se produce o efecto de invernadoiro. Existe unha certa cantidade de gases de efecto de invernadoiro na atmosfera necesaria para quentar a terra. Actividades como a queima de combustible fósil emiten gases (especialmente, dióxido de carbono, CO2), que actúan impedindo que escape a calor. Moitos científicos consideran que como consecuencia se está producindo o quentamento global. Outros gases que contribúen ó problema inclúen os clorofluorocarburos (CFC), o metano, os óxidos nitrosos e o ozono.

 

Fundamentos

 

A radiación electromagnética é capaz de elevar o estado térmico de calquera corpo a un nivel superior (maior temperatura), incluso a través do baleiro. Tódolos corpos, polo mero feito de estar a unha certa temperatura superior ó cero absoluto, emiten unha determinada cantidade de radiación electromagnética (véxase corpo negro) arrefriándose e quentando outros corpos. Tamén son capaces de absorber esa radiación, quentándose.

 

Cando a radiación solar chega á superficie da Terra, esta quenta. A enerxía absorbida é remitida como radiación infravermella. Sen embargo, non toda esta radiación pode escapar de volta ó espazo, xa que unha parte é absorbida de novo pola atmosfera (ó redor dun 90%), sendo un fenómeno similar ó que mantén a temperatura cálida no interior dun invernadoiro, fenómeno do cal recibe o seu nome. Deste xeito, o equilibrio térmico establécese a unha temperatura superior á que se obtería sen este efecto. En zonas da terra cuxa atmosfera ten pouca proporción de gases de efecto invernadoiro (especialmente de vapor de auga), como nos grandes desertos, as flutuacións de temperatura entre o día (absorción de radiación solar) e a noite (emisión cara ó ceo nocturno) son moi grandes.

 

A importancia dos efectos de absorción e re emisión de radiación na atmosfera son fundamentais para o desenvolvemento da vida tal e como a coñecemos. De feito, se non existise este efecto, a temperatura media da Terra sería entre 30ºC e 40ºC menor, situándose a case 20ºC baixo cero.

 

Gases de efecto invernadoiro e actividade industrial

 

Os denominados gases de efecto invernadoiro ou gases invernadoiro, responsables do efecto descrito son:

 

Vapor de auga (H2O)

 

Dióxido de carbono (CO2)

 

Metano (CH4)

 

óxidos de nitróxeno (NOx)

 

Ozono (O3), e

 

Clorofluorocarburos (artificiais).

 

Se ben todos eles (salvo os CFC) son naturais, en tanto que xa existían na atmosfera antes da aparición do home, desde a Revolución Industrial e debido principalmente ó uso intensivo dos combustibles fósiles nas actividades industriais e o transporte, producíronse sensibles incrementos nas cantidades de óxidos de nitróxeno e dióxido de carbono emitidas á atmosfera, co agravante de que outros problemas como a deforestación limitaron a capacidade rexenerativa da atmosfera para eliminar o CO2 (principal responsable do efecto invernadoiro).

 

Estes cambios causan un paulatino incremento da temperatura terrestre, o chamado cambio climático o Quentamento global, que á súa vez é orixe doutros problemas medioambientais:

 

Desertización e secas, que causan fame.

 

Deforestación, que aumenta aínda máis o cambio.

 

Inundacións.

 

Fusión dos casquetes polares, e outros glaciares, que causa un ascenso do nivel do mar, mergullando cidades costeiras.

 

Destrución de ecosistemas.

 

Protocolo de Kyoto

 

O protocolo de Kyoto é un convenio internacional que intenta limitar globalmente as emisións de gases de efecto invernadoiro. o protocolo xorde da preocupación internacional polo quentamento global que poderían incrementar as emisións descontroladas destes gases.

 

 

                                                                                                                  Noelia Diéguez Sueiro e Sandra Fandiño Diz 1ºC

Esta entrada foi publicada en Redacción. Garda o enlace permanente.