O Dióxido de Carbono

O dióxido de carbono (CO2), é un dos gases do efecto invernadoiro, que contribue a que a Terra teña unha temperatura habitable. Pero o exceso de CO2 , acentuaría o efecto invernadoiro, reducindo o calor enviado o espacio, e, polo tanto, quentando moito máis a superficie Terrestre.

Nos últimos anos, o dióxido de carbono presentou un considerable aumento na atmósfera da Terra. Pasouse dunhas 225ppm  na era preindustrial, a uns 350ppm no ano 2005. Este aumento, podería contribuir o quentamento do clima da Terra, inda que hai algunhas organizacións opostas a esto, e non cren que sexa así.

O ciclo do dióxido de carbono comprende, en primeiro lugar,  un ciclo biolóxico onde se producen uns intercambios de carbono (CO2) entre os seres vivos e a atmósfera. A retención  do carbono prodúcese a traves da fotosíntesis das plantas, e é emitido a atmósfera pola respiración dos animais e vexetais. En segundo lugar, temos un ciclo biogeoquímico máis extenso co biolóxico e que regula a transferencia entre a atmósfera e os océanos e o solo (litosfera). O CO2 emitido a atmósfera, si supera o contido nos océanos, ríos, etc. é absorbido con facilidad pola auga, converténdose en ácido carbónico. Este ácido infúe sobre os silicatos que constitúen as rochas e se producen os ións de bicarbonato. Os ións de bicarbonato son asimilados polos animais acuáticos na formación dos seus tecidos. Unha vez que estos seres vivos morren, quedan depositados nos sedimentos do fondo mariño. Finalmente o CO2 volve a atmósfera durante as erupcións volcánicas ó fusionarse en combustión as rochas cos restos dos seres vivos.


Esta entrada foi publicada en 3 - CAMBIO CLIMATICO, Redacción. Garda o enlace permanente.