Que o mundo está a sufrir un cambio climático e un feito innegable por moito que algúns se empeñen.
En Galicia tamén o estamos notando, e é que este ano estamos a padecer unha gran sequía. Os científicos non se atreven a afirmar rotundamente que esta causada polo cambio climático, pero o certo é que este axuda moito a que se pruduzan.
Para nós, que vivimos en gran parte das producións agrícolas, o turismo rural etc., estas sequías son sumamente perxudiciais. O cambio climático pode chegar a cambiar a paisaxe e desorganizar os ecosistemas por completo.
Nestas épocas do ano, cando os cultivos requiren de máis auga, precisamente é cando a chuvia nos falla. En Galicia gozamos de un chan moi fértil que nos da unha gran productividade, e o cambio climático esta perxudicando claramente ós nosos cultivos. Por iso, no sector, ven como posibles solucións o cultivo de especies que soportaran o novo clima ou buscar fertilizantes para os nosos chans.
Por sorte, en Galicia temos algún tipo de cultivo como o millo que se adapta facilmente a condicións climáticas adversas. Isto é unha sorte, porque así podemos conservar os nosos cultivos tradicionais.
Galicia é unha das zonas que máis vai sufrir as consecuencias do cambio climático. O nivel do mar seguirá avanzando e as chuvias concentraranse en menos tempo. É un feito imparable.
Máis información aquí.
Muy interesante paula!
😀
Gran artigo 🙂
Moi ben paula, segue así!jeje
Moi bo artigo 🙂