A UE limita as emisións de CO2 dos coches

A UE acordou onte, despois dunha longa batalla entre ecoloxistas e industria, que os fabricantes de coches europeos terán que reducir un 18% a emisión de gases dos seus novos vehículos, durante os próximos seis anos. As emisións de dióxido de carbono (CO2) dos novos vehículos terán que disminuir 130 gramos por kilómetro. A decisión chega mentras en Poznan (Polonia), celébrase a Conferencia da ONU sobre o cambio climático.
“Este acordo representa un equilibrio entre as necesidades do medioambiente e da industria automovilística”, sinalou Martin Callanan, lexislador británico conservador. Mentras, o compromiso foi atacado polos ecoloxistas que denunciaron que se fixo a medida das demandas dos fabricantes de coches e que a decisión mina os esforzos da UE por liderar a loita mundial contra o cambio climático.

O acordo provisional, negociado a porta pechada, necesitará a aprobación do Parlamento Europeo e dos 27 estados membros antes de convertirse en lei, pero non se espera que cambie moito.

Esta entrada foi publicada en Redacción e etiquetada . Garda o enlace permanente.