o cambio climático

O quentamento global da terra afecta seriamente ó mar de Galicia, xa que están chegando especies tropicais mariñas ás nosas augas, especies que non había hai uns anos.

Isto débese a unha suba de temperaturas bastante importante e significativa.

Nun estudio realizado, sacouse a conclusión de que a 50 millas mar adentro, fronte as Rías Baixas, a temperatura aumentou 1º dende 1960 até 2006! Esta cifra parece que non é demasiado importante e nós non notamos moito ese grao, pero as especies mariñas si e pérdese moita biodiversidade.

A culpa dese incremento de temperatura témola os humanos, xa que emitimos moitos gases á atmósfera, o que fai que aumente o efecto invernadoiro.

Deberíamos pararnos a pensar en todo o que estamos a facer, e cada un colaborar; se todas as persoas en vez de pensar “eu só non fago nada” cambiaramos o noso pensamento e actuaramos, poderiamos parar a subida das temperaturas.

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Redacción. Garda o enlace permanente.

One Response to o cambio climático

  1. alba di:

    Este artigo paréceme moi interesante, xa que se centra
    nos principais problemas que está sufrindo a nosa comunidade.

    Un bico 😉

Deixa unha resposta