Consecuencias do Cambio Climático

As consecuencias do quentamento global poden ser fatais para a poboación. As desertizacións e inundacións provocadas polos danos ao medio, provocarán que millóns de persoas teñan que abandonar as súas casas nos próximos anos. En total, para o 2050, calcúlase que 200 millóns de persoas se atoparán nesta alarmante situación.

O impacto do quentamento global será máis rápido e destrutivo do que se prevía. Haberá máis mortes, enfermidades, hambrunas, secas, incendios, inundacións e tornados. Acelerarase a extinción de especies e o desxeo dos glaciares. Tamén será causal do inicio de novas guerras, de modificar fronteiras e de desencadear migracións masivas
O quentamento global converteuse nun problema tan grave que por primeira vez na súa historia o Consello de seguridade da ONU se dispón a enfrontalo como unha ameaza urxente á paz e seguridade internacional, ante o risco de que provoque novas guerras, altere fronteiras, interrompa subministracións de enerxía e dispare migracións masivas.

O quentamento da atmosfera afecta xa as subministracións de auga do planeta e en pouco tempo máis comezará a modificar os patróns de hambruna e dispoñibilidade de alimentos, o que creará potenciais fontes de inestabilidade. Ademais, o aumento do nivel dos océanos levará a que numerosas poboacións teñan que ser redistribuídas en varios países, e mesmo ameazará a existencia de países enteiros.

Nos últimos anos o cambio climático é algo do que todos oímos falar pero a realidade é que a moi poucos lles preocupa realmente , polo tanto, aquí vos deixo un vídeo para que poidades ver as consecuencias que está provocando o cambio climático en todo o mundo.


Esta entrada foi publicada en Redacción. Garda o enlace permanente.