O cambio climático extinguiu ós osos de Europa milenios antes do que se cría

 

Os osos das cavernas de Europa desapareceron fai aproximadamente  13.000 anos antes do que se cría, segundo revela un estudo divulgado hoxe pola revista “Boreas”.

  A extinción ocorreu fai uns 27.800 anos e coincidiu cun importante cambio climático, coñecido como aa “Última Glaciación Máxima”, cando a descenso das temperaturas reduciu a vexetación que era o ingredente principal dos osos “Ursus spelaeus”.

Eses animais formaban parte do que se coñece como a “megafauna” na que se incluían os mamuts e os rinocerontes lanudos, o cervo xigante e o león das cavernas.

Segundo os científicos Martina Pacher, do Departamento de Paleontoloxía da Universidade de Viena (Austria) e Anthony Stuart, do Museo de Historia Natural de Londres (Reino Unido), o seu estudo determinou que non houbo participación humana nesa extinción.

O grupo utilizou nova información e rexistros existentes de radiocarbono encontrados nas cavernas deses osos para construir a súa cronoloxía e a súa extinción.

” O noso traballo demostra que p oso das cavernas, xunto coa megafauna que se extinguiudurante a última glaciación en Europa, foi un dos primeiros en desaparecer”, sinalou Pacher.

Para determinar a desaparición dos osos das cavernas os científicos estudaron a anatomía dos seus cráneos, o coláxeno dos seus ósos e dentes.
A análise determinou que eran predominantemente vexetarianos e que a súa dieta estaba composta por plantas de alta calidade.

O seu modo de vida, altamente especializado así como a súa dieta e a súa limitada distribución no continente, fixérono vulnerable ó enfriamento do clima e á diminución da súa fonte alimentaria, sinalaron.

Outros estudos indicaran que os osos sobreviviron ata fai uns 15.000 anos, pero os científicos afirman que incluían moitos erros e confundiron os osos das cavernas e os osos pardos.

oso

 Carme Méndez Galego 1ºB

Esta entrada foi publicada en Redacción. Garda o enlace permanente.

2 Responses to O cambio climático extinguiu ós osos de Europa milenios antes do que se cría

  1. fuemel di:

    Debemos defender a pervivencia do oso pardo para que non se extinga como aconteceu co oso cavernario.

Deixa unha resposta