Biescas

O 7 de agosto de 1996 ocurreu un gravísimo suceso no que morreron 87 persoas e 183 resultaron feridas como consecuencia dunha riada sufrida no camping Las Nieves (42°36′52″N 0°19′36″O / 42.61444, -0.32667), a un quilómetro escaso aguas abaixo de Biescas, Huesca (Aragón). O cámping estaba situado sobre o cono de dexección do barranco de Arás xusto antes da súa desembocadura no río Gállego, a pesar delo permitiuse a sua construción ao supoñer suficiente o encauzamento do final do riachuelo nun canal con cascadas escalonadas.

Sen embargo ese fatídico día producíase unha grande tormenta na cabeceira do barranco, con precipitacións que os técnicos sitúan en case 100 litros por metro cadrado en só 10 minutos, o que se supón agravado por algún embalsamento espontáneo producido por a acumulación de troncos e ramas, que se desfixo nun momento concreto dando lugar a unha auténtica parede de augua que baixou polo barranco cargado de troncos e rochas para arrasar o camping. A avalancha calculase nuns 500 metros cúbicos por segundo de augua cargada con 13.000 toneladas de rocha e madeira.Puidose evitar o gravísimo suceso? Cal é a vosa opinión?


Esta entrada foi publicada en RISCOS NATURAIS. Garda o enlace permanente.

14 Responses to Biescas

  1. begona di:

    Por supuesto que se pudo evitar, esto pasa por dar permisos de construccion, donde como se aprecia en el videok, es como meterse en la boca del lobo.La gente y con eso me incluyo a mi tambien, no se da cuenta del peligro que conllevan ciertas cosas y despues pasa lo que pasa.

  2. mateo di:

    Claro que se puido evitar, a pregunta sería por qué non o evitaron se sabían que nese sitio non se pode construír…Eu penso que unha vez feito iso xa non ia a ter remedio xa que como di no video os desbordamentos suceden moi rápido e non da tempo a nada, e menos a evacuar un camping.

  3. alba di:

    Ao meu parecer, estes problemas case sempre teñen solución. Por unha banda o camping non tiña porque construirse nun cono de dexección, e, unha vez ali e sabendo todos os riesgos que se corrían tiñan que ter unhas medidas de precaución para a alertar á xente do camping e que lle dese tempo a evacuar.

  4. lara di:

    Obiamente pudose evitar,pero nunca somos conscientes do perigo ata que pasa unha desgracia.Todo tipo de construcción debería facerse preparada para suportar fenomenos naturais nunha escala e forza moito supeior o que deben aguantar en circustancias normales.Esta masacre prodiciuse por unha cadena de errores, os ingenieros responsables de examinar o terreo non deberon de autorizar unha construcción en zonas tan peligrosas e os responsables do camping non deberian construir nun sitio asi ou deberian facer barreiras de contnción por posibles catastrofes.

  5. pablo di:

    Si que se podería aver evitado, a culpa e da empresa que situou o camping nese lugar sen licenza.
    Isto demostra o pouco regulamentado que estaba ese camping nese momento.

  6. mendez di:

    Isto poderíase haber evitado se non se houbera deixado construír o camping nunha zona de riadas.

  7. noemi di:

    Si que se puido haber evitado, xa que se sabia de sobra que se estaba a construir un camping nunha nun cono de dexección dun rio, e esta zona e moi perigosa.
    Puidose haber evitado poñendo unhas medidas de precaución cando se construeu o camping ou construilo en outro lado.

  8. anta di:

    Claro que se puido evitar. Pero esto é moi común, por exemplo fanse moitas construcións en ramblas e nese sitio hai moito risco de inundación. Logo producense danos materiais e tamén pode provocar a morte de algunha xente. E unha vez que se construíu ali que sabendo o perigo que se corre non se debería, terían que ter o sitio limpio, porque as árbores e ramas acumulados empeoraron a situación.

  9. SertX0 di:

    Para saber se se puido evitar ou non, haberia que saber todos os detalles, se o encoro estaba ben feito, se cumplia todos os requisitos de seguridade, etc. Se todos estaba en regla e ben feito é dificil dicir se se poderia haber evitado. Un tormenta con semexante cantidade de auga é moi pouco frecuente, ademais influiu a acumulacion de troncos e ramas no encoro. Tamen o camping estaba edificado en mal lugar. Resumindo, unironse moitos factores para acabar dando unha catastrofe que nunca sabremos se podia ser evitada. O que importa é se os medios de salvamento actuaron a tempo e ben.

  10. ana di:

    Claro que se podía haber evitado. A construcción deste camping foi posible debido a que a Restauración
    Hidrolóxico-Forestal e o pequeno encauzamento escalonado existente no cono de dexección, garantizaba a seguridade desta zona aínda que dito lugar no pasado mostrara unha potentísima dinámica torrencial, razón suficiente para previr riscos naturais de inundación e non autorizar a construcción deste camping.

    Cristina García Pampín
    Ana Cagide Vázquez

  11. TaT0 di:

    La situación pudo haberse evitado si:

    -Los constructores hubiesen seguido los parámetros de construcción y se fijasen en que las construcciones cerca de ríos como ese que de hecho es un afluente del Ebro(el río más caudaloso de España)son peligrosas.

    -Si no se hubiesen construido las canalizaciones, que aunque solucionan los problemas de inundación en algunos tramos del río los agravan en otros a los que el agua llega mucho más rápidamente.

    -En caso de que se realizase tala de árboles en el lugar para la construción de bungalows esto debería haberse evitado.

    -Si el allanamiento de la superficie para la construcción no se realizara ya que esto crea durante la inundación una planicie de agua.

    En definitiva la catástrofe no se habría producido si no se construyese el camping allí. La inundación se habría producido pero ni se habría agravado sin actividad humana ni los daños llegarían a ser humanos.

  12. begona di:

    Por supuesto que se pudo evitar, esto pasa por dar permisos de construccion, donde como se aprecia en el video, es como meterse en la boca del lobo, mejores estructuras en las canalizaciones. La gente y con eso me incluyo a mi tambien, no se da cuenta del peligro que conllevan ciertas cosas y despues pasa lo que pasa.

  13. noa di:

    O camping estaba e está mal localizado e situado xeograficamente, este foi o aliciente de maior importancia para que se provocara esta catátrofe. O home non pode loitar contra a natureza nin impedir que siga o seu curso, pode modificalo pero nunca evitar que se produzca, e esto foi o que aqui ocorreu. Ao localizarse este camping nun lugar tan inapropiado penso que deberian ter un protocolo de evacuación innmediata para poder paliar os corrementos de terra e as crecidas de auga que arrasarían con todo e con todos os alí presentes. Non actuaron como é debido, e penso que se podería haber evitado, desde un principio, impedindo que o camping fose construido nesa zona.

  14. saragonzalez di:

    Eu creo que as persoas moitas veces non sabemos o perigo que supón certas cousas que facemos. Creo que non lle temos moito respeto a natureza e pensamos que podemos dominala, cando a realidade é que é ela a que nos domina a nós, dalgunha maneira. Creo que o accidente podería evitarse se tivesen moito máis coidado e situasen o camping noutra zona, ou se tomasen medidas preventivas para as posibles catástrofes que puidesen ocorrer.

Deixa unha resposta