A actividade humana é a causa do cambio climatico.

1.-Pero existe realmente o cambio climático? 2.-Podemos frear o cambio climático? 3.- ¿Frear o cambio climático suporia empeorar  a nosa calidade de vida?  4.-O avance do  cambio climatico  levou algúns científicos a considerar proxectos para paliar os efectos de dito cambio. Algúns científicos propoñen métodos de ” xeoinxeñería “para frear o quencemento do planeta. Estes proxectos son na maioria dos casos polémicos  debido as súas consecuencias negativas. Fonte:Gráficos/elmundo.es. Das seis propostas: consecuencias e inconvenientes,cal é a vosa opinión o respecto?

imagen

Esta entrada foi publicada en 3 - CAMBIO CLIMATICO. Garda o enlace permanente.

20 Responses to A actividade humana é a causa do cambio climatico.

  1. saragonzalez di:

    1.- Si, claro que existe o cambio climático e está actuando con moita máis forza da que nós pensamos. Todas as inundacións e os terremotos que ultimamente nos amenazan son as respostas a todas as nosas accións.

    2.- Claro que podemos frear o cambio climático, pero é unha cousa que temos que facer entre todos, deixar de contaminar tanto e reciclar máis a miudo, se todos colaboramos podemos sacar o mundo adiante.

    3.- Eu penso que todo é acostumarse, non sei, creo que se todos imos pensando iso, nunca acabaremos co cambio climático. Pode ser que algunhas cousas non as podamos facer, pero tamén é certo que no momento en que xa non haxa terremotos e tsunamis imos estar moito mellor.

    4.- Sobre a primeira proposta creo que non pagaría a pena xa que sería moi caro e ademáis non serviría de moito, xa que danaría moito a capa de ozono.

    pendiente de acabar

  2. TaT0 di:

    1-Si que existe o calentamento global.Os cientificos teñen probas que o demostran.

    2-Creo que non é posible frealo, o unico que podemos facer é ralentizalo.

    3-Non teria que baixar a nosa calidade de vida, depende das medidas que se tomen.Só teriamos que acostumarnos pero o unico que importa é que o planeta se salve non as nosas necesidades superficias.

    4-A primeira proposta ten mais consecuencias ca vantaxes posto que perxudica a atmosfera.
    A segunda é moi cara e actualmente é moi dificil de levar a cabo
    A terceira so resolve o problema por moi corto espacio de tempo é a haberia que estar todos os dias salinizando cos barcos.
    A cuarta non é moi eficiente nos seus resultados.
    A quinta non se saben os efectos a longo prazo pero creese que e peor a solucion que o problema.
    A ultima proposta aumentaria o gas toxico CO na superficie.

    Gercho Sanmartin
    Alex Cabal

  3. pablo di:

    1-Sí o calentamento global existe desde sempre o que acontece e que nos ultimos tempos están aumentando os seus efectos devido as cantidades de CO2 que se emiten.

    2-Sería moi dificil a unica maneira sería deixar todas as comodidades as que estamos acostumados, pois pra desenvolver as novas tecnoloxías e facelas ecoloxicas tardariamos moito tempo.

    3-Na miña opinión se quixesemos detelo canto antes teriamos que despedirnos das comodidades
    por outra poderiamos facelo con mais tempo e facer todas as tecnoloxias ecoloxicas.Hai dúas opcións unha lenta e incomoda variaria o estilo de vida a peor e outro mais longo que non variaria.

    4:
    -A do azufre pareceme unha animalada pois e moi contaminante e moi caro.
    -Lentes para evitar la radiación solar me parece ciencia ficción es un suelo nada más
    -Lo de los barcos para corto tiempo esta bien pero para largo plazo no valdría.
    -Lo de los discos es buena pero puede provocar accidentes si se van a la deriva.
    -Lo del hierro contaminaría mucho.
    -Lo de los tubos me parece muy peligroso.

    Pablo Tosar y Mateo Vázquez

  4. ana di:

    1. Si que hai cambio climático,se non o houbese como se explicaría que os polos se estean a derreter,que a temperatura da Terra aumente e outras moitas causas máis.

    2.Podemos frear o cambio climático da seguinte maneira:

    -Disminuír a cantidade de enerxía eléctrica que emitimos,invertindo en lámpadas de baixo consumo.
    -Disminuír o consumo de auga,usando un vaso de auga para lavar os dentes ou non deixando oa ducha aberta mentes nos enxabonamos.
    -Usando transportes públicos.
    -Reciclando as pilas.
    -Non poñer a calefacción moi alta,etc.

    3.Non empeoraría a nosa forma de vida xa que o único que teríamos que facer é restrinxir o uso dalgúns elementos como o uso do coche,da auga,da calefacción,etc.

    Cristina García Pampín
    Ana Cagide Vazquez

  5. alba di:

    1. Si, realmente existe o cambio climático, hai en zonas que se nota máis que noutras pero, científicamente está demostrado.

    2. Podemos reducilo, pero non frealo. Podemos reducilo entre outras cousas: diminuíndo as emisións de CFC’s á atmosfera e utilizando as enerxías renovábels.

    3. Non sería empeorar a calidade de vida, simplemente nos teriamos que acostumar a facer cousas que non facíamos antes e reducir o consumo maxivo de residuos e emisions de gases de efecto invernadoiro.

    ( fáltame a cuarta por falta de tempo)

  6. saragonzalez di:

    *

    Sobre a segunda proposta,eu creo que estaría moi ben, pero aínda así creo que é moi caro.

    A terceira proposta paréceme moi ben, pero requeriría moito traballo, aínda así eu creo que está ben.

    A cuarta proposta creo que é a mellor. Igual non soluciona moito o problema e igual as placas vanse á deriva, pero eu penso que aínda así poderiámolo intentar.

    A quinta proposta pode estar ben, pero se altera o ecosistema poderiamos causar graves problemas.

    Eu penso que a sexta proposta está ben, e non parece ter moitos inconvintes.

  7. anta di:

    1.Está suficientemente comprobado que si existe un cambio climático claramente acelerado pola acción humana.
    2.Frealo non porque é algo que se produce naturalmente pero si reducilo xa que nos somos os culpables da sua aceleracion .
    3. Non precisamente. O unico que hai que facer é preocuparse algo máis polo medioambiente e que os goberno empece a tomarse máis en serio o cambio climatico. A ecoloxía podo coexistir ca evolución económica e tecnolóxica.
    4. Soname todo a ciencia ficción.
    O primeiro pareceme unha pérdida de cartos para que o final se solucione algo e se empeore o estado da capa de ozono.
    A segunda si que sona aciencia ficción. É moi costosa e sale máis rentable pasarse a combustibles non fósiles.

    sin acabar!

  8. lara di:

    Sí, o cambio climático e unha é un feito innegable por moito que certos políticos,grandes empresarios…traten de negalo en función dos seus intereses.
    É posible frear o cambio climático pero é un proceso logo que debemos empezar xa.Pese a todo non creo que nos chegemos a ver un mundo no que se consiga levar a cabo unha filosofía baseada no ideal de desenrrolo sostible.
    A nosa calidade de vida non ten porque baixar, simplemente debemos cambiar de mentalidade e enfocar as cousas doutro xeito.Eso si sempre vai requerir un esforzo pola nosa parte.
    Parecenme unhas propostas irreais e perxudiciais para o medio.A maioria das propostas son moi custosas ¿quen asumiria o gasto? ¿que fariamos para crontrarrestar os desastres causados por elas?.Realmente creo que a ciencia debería intervir pero non deste xeito,eu creo que o problema reside na mentalidade da xente e no mal enfoque da desenrrolo.

  9. María Prado Barros e Tamara Alonso Ares 1C di:

    1-O cambio climático está formado polo ser humano.
    2- O ser humano é o culpable da aceleración do cambio climántico.
    3- Non sería cambiar de súpeto a nosa vida, simplemente reducir os nosos materias e cambiar a vida para unha vida mellor.
    4.- Sobre a primeira proposta creo que non pagaría a pena xa que sería moi caro e ademáis non serviría de moito, xa que danaría moito a capa de ozono.

  10. neimar di:

    1- Si, e podémolo observar nos mesmos no aumento da temperatura, o desxeo, e debido a este último seguramente o aumento do nivel do mar. Ao incrementarse as temperaturas as tormentas son máis continuas e a cinta transportadora global diminúe a súa velocidade.

    2- Ahora é imposible frear o que os humanos levamos moito tempo destruíndo, pero si podemos relentizar este proceso como por exemplo nos transportes empregando o transporte público, e para transportar dun lugar a outro materiais empregar o tren, así mesmo como facer un conbustible idóneo para o noso medio ambiente. Empregar enerxías renovables. As vivendas poderíanse orientar cara onde o sol lles dese mais tempo así aforrar calefacción e luz.

    (seguimos o próximo día)

  11. ana di:

    4.- Parécenos unhas propostas un pouco subrealistas xa que si, poden disminuír o cambio climático pero ata algunha delas xa comentan que serían inalcanzables. A parte desto tamén alterarían o ecosistema, danarían a capa de ozono e outros efectos secundarios nocivos.

    Cristina García Pampín
    Ana Cagide Vázquez

  12. alba di:

    (continuación do comentario de arriba)

    4.
    .A primeira proposta pareceme que leva máis consecuencias que a solucións e con esta propósta gastaríanse moitos cartos e danaríase a capa de ozono
    .A segunda proposta non me parece moi viábel xa que a vaporización da auga dun ecosistema tan variado como é o mar sería consecuencia da perda de gran biodiversidade
    .A terceira proposta non sería moi viábel xa que sería pouco duradeira e,o colocar eses discos brancos sería un feísmo na paisaxe.
    .A cuarta proposta podria alterar o equilibrio do ecosistema pero sería unha boa proposta.
    .Coa última aumentaríase o CO2 na superficie e sería un pouco perigosa.

  13. lorena di:

    Ata fai un par de anos, o cambio climático era casi unha lenda urbana. Na actualidade, ninguén dubida que o cambio climático é unha realidade, que, por desgraza, está destruindo pouco a pouco o planeta no que vivimos.

    Aínda que sería moi dificil, o cambio climático ten unha posible “reparación”,sen embargo, parece que todo o mundo pensa que simplemete hai que deixar que pase e que o mundo se recuperará solo, por desgraza, isto é un gran erro que nos está levando polo peor camiño. Para parar o cambio climático, so hai que mirar o mundo que nos arrodea e intentar mantelo no seu mellor estado posible, sen contaminalo nin tentar conseguir mais do que nos pode dar.

    Frear o cambio climático é posible, pero para iso habería que cambiar moitos habitos da vida que agora temos, ¿empeorála?, posiblemente, pero só porque o modo de vida actual nos ten acostumados a conseguir o que queremos sen necesidade de esforzarnos demasiado, sen embargo, se queremos que o mundo cambie a mellor, deberemos esforzarnos por conseguir cousas sen esperar que no las sirvan en bandexa de prata.

    Na primeira proposta falanos da inxeccion de azufre e de dioxido sulfurico na estratosfera.Con esta proposta gastaríase moitos mais cartos e danariase mais a capa de ozono.
    Na segunda proposta no día de hoxe esa medida non sería posible, e aínda que a tecnoloxía estivese tan desenrolada o proceso sería moi costoso.
    A terceira proposta pode ser efectiva, pero non sería rentable xa que os barcos que se necesitan 24 horas só producirían resultados nunha semana.
    A cuarta proposta é unha boa medida pero non é suficientemente efectivo, xa que os discos se poden irse á deriva ou decolorarse.
    A seguinte proposta non é de todo fiable, xa que non se coñecen ben os seus beneficios.
    E por último a proposta dos tubos flotantes. As algas teñen unha alta propiedade de reducir o CO2 pero este aumentaria na superficie.

    Brais Durán
    Lorena Lagos
    Carina Díaz
    María López

  14. noemi di:

    1. si, o cambio climático existe realmente e está actuando moi rápido e con moita forza. Podémolo comprobar con todas as probas que teñen os científicos.
    2. creo que para frear o cambio climático e un pouco tarde, pero poderíamos reducir os seus efectos, pero para eso teríamos que colaborar todas as persoas a reducir os gases contaminantes que botamos a atmósfera.
    3. Penso que sería todo o contrario. Freando o cambio climático melloraríamos a nosa calidade de vida, xa que non estaríamos respirando aire contaminado, nin tomando alimentos que están contaminados.
    4.-A primeira proposta non me parece moi axeitada xa que así reduciriamos aínda máis a capa de ozono e aunmentaríamos os raios ultravioletas, e ademais esta proposta sería moi cara.
    -A segunda proposta non me paréce axeitada xa que perderríamos unha gran biodiversidade do mar e os barcos contaminarían moito.
    -A terceira proposta paréceme bastante aaxeitada porque non sería contaminante e reduciría os raios ultravioletas.
    -A cuarta proposta tamen é algo axeitada, pero primeriro habería que saber ben os seus efectos sobre o ecosistema para podela utilizar.

  15. marialopez di:

    1. Si que existe cambio climántico e xa o estamos a notar. En canto os efectos fundamentales causados polo cambio climático está a desaparición dos bosques,escaseza de auga e cambios na temperatura, escaseza das precipitacions o incrementando da evaporación.

    2. Tanto como frealo xa non, pero cunha sociedade concienciada que axude a evitalo podense reducir os seus efectos.

    3. Non so é cuestion de cambiar as malas costumes e preocuparse un pouco máis polo futuro noso e da Terra.

    4. As propostas de xeoinxenñería que ofrecen non son moi axeitadas. Cambiar a situación do planeta só depende do noso comportamento.

    María López de la Calle
    Carina Díaz Rodríguez

  16. noa di:

    Dende logo que si existe, pero estamos máis afectados polo cambio climático antropoxénico que é provocado implícitamente polo ser humano. Ese cambio é o que nos influe máis de cheo e contra o que temos que loitar tomando medidas urxentes xa que ainda que é un proceso longo a medida que se vai desencadeando provoca graves consecuencias no medio. Polo tanto non debemos, senón que TEMOS que loitar contra él, é necesario.Pero non por iso temos que empeorar o noso nivel de vida, dun tempo a esta parte a sociedade volveuse materialista ata o punto de consumir e consumir sin límites, estamos mal acostumbrados a esos hábitos de usar e tirar, e como todos sabemos hai certos recursos que unha vez esgotados non teran máis probeito, pero non somos concientes delo, polo tanto consumimos e malgastamos “sin ton nin son”. Polo tanto non temos que baixar o noso nivel de vida, simplemente debememos acatar unhas certas normas á hora de consumir, normas tanto creadas por nós mesmos como polo goberno (en forma de plans ou leis.)
    Despois de botar unha ollada as solucións radicais par frear o cambio climático opino que todas aquelas propostas que teñan consecuencias directas sobre o medio contaminándoo, incrementando os niveles de CO2 da atmósfera, destruindo a capa de O3, destruindo ecosistemas, ou alterando o medio son medidas demasiado severas e penso que pouco productivas en comparación cos danos que causarian, polo que, baixo o meu punto de vista non se deberían tomar ou coas que mais de acordo estou, sería coas de “situar lentes na órbita espacial para evitar a radiación solar·” e a de “reflexar a luz solar”, que serían que menos consecuencias terian sobre o medio.

  17. paula di:

    Que o cambio climático existe é un feito inegable aínda que moitos se empeñen en negalo. As temperaturas xa están a cambiar, os casquetes polares xa se están a derretir, e como consecuencia de esto, o nivel do mar xa esta a avanzar.

    O cambio climático pódese frear se se reducen as emisións de CO2 á atmosfera, por exemplo, substituíndo as enerxías que se producen coa queima de combustibles fósiles, por outras máis limpas como a enerxía eólica ou a solar.

    Frear o cambio climático non ten porque supoñer unha peor calidade de vida, xa que penso que temos recursos suficientes para seguir con normalidade as nosas vidas

  18. begona di:

    1.Si que existe el cambio climatico, lo demuestran los cientificos y nosotros lo podemos comprabar con el tiempo.
    2.se puede reducir el cambio climantico si frenamos las emisiones de CO2 a la capa de ozono. Podemos evitarlo con consejos muy practicos en la casa,como cambiar las bombillas tradicionales por otras de bajo consumo, poner el termostato con dos grados menos en invierno y dos grados mas en verano y un monton de ejemplos mas.
    3.No, como mucho tendriamos que hacer un pequeño esfuerzo al principio, pero al final nos compensaria hacerlo.
    4.
    *Azufre: Dejando aun lado que seria muy caro hacerlo, no creo que sea la mejor solucion echar azufre a la estratosfera por que seguramente ocasionaria otros problemas.
    *Lentes para evitar la radiación solar: es algo imposible, por el momento y sigo diciendo que preferiria una solucion en la que no tubieramos que enviar nada a la estratosfera y seguiria siendo demasiado caro.
    *Vaporizar la sal marina:me parece la mejor solucion de las tres, aun que seria un gasto continuo por que no podrian parar, pero es mas natural que el resto o por lo menos eso parece.
    *Reflejar la luz solar: seria un peligro para los barcos y su reflejo seria menos intenso.
    (sin acabar)

  19. begona di:

    *Fertilizar con hierro:una plaga de algas seria lo que probablemente ocurriria y el ecosistema estaria desequilibrado.
    *Tubos para incrementar las algas: es una buena idea pero habria que buscar una solucion al CO que quedaria en la superficie.

  20. paula di:

    A verdade e que ningunha das propostas é totalmente boa, todas teñen algún inconvinte como o aumento do CO, contaminar máis a atmosfera, efectos so a curto plazo…

Deixa unha resposta