Reciclado de vidro

1.-Porque conven reciclar? 2.-Que é o punto verde ou limpo? 3.-O reciclar (por exemplo vidro) axudamos o medio ambiente? Reciclavidro

imagen

Esta entrada foi publicada en 3 - CAMBIO CLIMATICO. Garda o enlace permanente.

22 Responses to Reciclado de vidro

  1. saragonzalez di:

    1.- Convén reciclar, xa que tamén convén coidar do noso planeta. Se non reciclamos, desperdícianse miles de materiais. Eu sinceramente penso que non estamos sobrados como para non reciclar, creo que agora é algo que é imprescindible se queremos acabar co cambio climático, pero tamén penso que se as persoas non se preocupan por este tema…o problema non acaba só.

    2.- Os puntos verdes son lugares que serven para que os cidadáns depositen alí os residuos urbáns que xa non serven. Unha vez que se verten neses puntos, sepáranse de forma adecuada para reciclalos.

    3.- Si, claro que axudamos ó medio ambiente. Eu penso que é imprescindible.

  2. TaT0 di:

    1-Conven reciclar para non encher de merda a Terra e poder deixar a Terra en bo estado para as vindeiras xeracións.Senon a contaminacion sera tanta que nin sequera poderemos vivir neste planeta.

    2-Puntos limpos son os lugares onde se recolle o lixo que non pode ir nos contenedores como por exemplo os electrodomesticos,mobles,etc.

    3-O vidro tarda moito en degradarse e por iso conven reciclalo. Ademais asi aforranse cartos o non comprar outros envases.

  3. lara di:

    Conven reciclar porque é unha forma de aforrar materias primas a vez que non acomulamos residios e se seguimos perfeccionando as técnicas de reciclado incluso podemos reducir os costos de tal forma que salga mais barato reciclar que utilizar materias primas.
    O punto verde e un símbolo que indica que o fabricante paga os custos do reciclaxe do producto.
    Por suposto que axudamos o medio ambiente, reducimos os residuos de vidro e a contaminación que se provoca o producilo e non explotamos a natureza intentando obter materia prima para fabricalo

  4. TaT0 di:

    1-Conven reciclar para non encher de merda a Terra e poder deixar a Terra en bo estado para as vindeiras xeracións.Senon a contaminacion sera tanta que nin sequera poderemos vivir neste planeta.

    2-Puntos limpos son os lugares onde se recolle o lixo que non pode ir nos contenedores como por exemplo os electrodomesticos,mobles,etc.

    3-O vidro tarda moito en degradarse e por iso conven reciclalo. Ademais asi aforranse cartos o non comprar outros envases.

    Gercho Sanmartin
    Alex Cabal

  5. alba di:

    1- Convén reciclar porque supón importantes beneficios para o medio ambiente. Xa que logo, as consumidores son determinantes na mellora do seu contorno utilizando correctamente os contedores.

    2- É un símbolo que identifica que cada envasador, embotellador e distribuidor de dito envase pagou para que unha vez depositado no contedor correspondente sexa recollido e, como no caso do vidro reciclado na súa totalidade.

    3- Si, axudamos ao medio ambiente xa que se aforra gran cantidade de enerxía, materias primas, reducense os residuos que van parar aos vertedeiros, redúcese a contaminación do aire e evítase o problema dos residuos incontrolados.

    NOEMI GONZÁLEZ GARCÍA E ALBA GONZÁLEZ PICÁNS.

  6. penjua di:

    1 Convén reciclar vidro xa que así necesítase extraer menos cantidade de materias primas, e por tanto deteriorase menos o medio.

    2 Son lugares onde se pode depositar o lixo de gran volume.

    3 Sí,porque tarda moito en biodegradarse

    Juan Penide

  7. barsar di:

    1. Si, porque non precisamos tantas materias primas e contaminamos menos.
    2. É un símbolo que podemos atopar nos envases das empresas que pagaron para que ao finalizalo consumo do produto o envase sexa reciclado.
    3. Si, porque aforramos enerxía e non contaminamos tanto como se obtésemos a materia prima da terra.

    Sara Barrantes Amoedo

  8. mateo di:

    1-O reciclaxe é moi importante por distintos aspectos, reciclando pódese reutilizar e así disminuír a contaminación, tamén axuda para non gastar os recursos do medio ambiente.

    2-Os puntos limpos son recintos situados no entorno das cidades, vilas, pobos e aldeas e que teñen o obxectivo fundamental de servir ós cidadáns como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos.

    3-Claro que nos axuda, aforrando enerxía, evitando contaminación, axuda económicamente, axuda a non gastar recursos, etc.

    Mateo Vázquez y Pablo Tosar.

  9. noa di:

    Convén reciclar porque axuda ás persoas, á ssalibridade do seu entorno, o feito máis importante, axuda a manter en bo estado o medioambiente con ausencia de materias contaminantes, e dende o punto de vista eco-lógico é a única medida aplicada ao obxetivo de diminuir os residuos.
    (pendiente de ampliación)

  10. ana di:

    1.Reciclar é importante xa que con ese proceso axudamos a eliminación do volume de residuos, ao aforro de enerxía e a reducir a contaminación entre outras cousas.

    2.Son lugares destinados á recollida de mobles, enseres, pequenas cantidades de escombros, chatarras, neumáticos e todos aqueles residuos que, xerados nos fogares se consideran “tóxicos e ou perigosos”.

    3.Convén reciclar vidrio porque axudan a aforrar materias primas, enerxia e redúcense o número de vertedoiros, a contaminación do aire
    e diminúe o consumo de auga.Ademáis é un material que se pode reciclar ao 100% .

    Cristina García Pampín
    Ana Cagide Vázquez

  11. noa di:

    Convén reciclar porque axuda ás persoas, á salubridade do seu entorno; e o feito máis importante, axuda a manter en bo estado o medioambiente con ausencia de materiais contaminantes, e dende o punto de vista eco-lóxico é a única medida aplicada ao obxetivo de diminuír os residuos.
    O desenvolvemento dos sistemas de recollida selectiva en orde á recuperación e valorización dos residuos no contorno urbano puxo de manifesto a existencia de residuos aos que cómpre darlles unha xestión diferenciada. Son estes produtos que, xa sen valor, teñen que separarse do resto dos residuos para previr as consecuencias negativas que poden xerar por si mesmos ou pola contaminación secundaria dos subprodutos da reciclaxe ou da compostaxe.
    Dentro deles, o Plan de Tratamento debe ocuparse dos denominados “perigosos do fogar”. Aproximadamente cada cidadán producimos de 2 a 3 quilos destes residuos.
    Para atender estas necesidades deseñáronse os puntos limpos. Nestas “áreas de reciclaxe” dispóñense colectores específicos para cada un destes tipos de residuos.Son parques de colectores destinados á recollida de mobles, restos de podas, pequenas cantidades de escombros, chatarras, pneumáticos, e de todos aqueles residuos que, xerados nos fogares, considéranse “tóxicos e perigosos”.
    Dende logo que reciclar axuda ao medioambiente, porque este feito orixinouse para ir disminuindo a contaminación do medio ambiente (excluxivamente) que orixinou o lixo de materiais de desfeito como o papel e o cartón, os alimentos, o vidrio, e permite desfacernos da gran cantidade de lixo que crea o home cada día.

  12. María Prado Barros e Tamara Alonso Ares 1C di:

    1-Convén reciclar para manter o mundo limpo para as vindeiras xeracións.
    2-Os puntos limpos son recintos situados no entorno das cidades, vilas, pobos e aldeas e que teñen o obxectivo fundamental de servir ós cidadáns como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos.
    3-Claro, xa que reciclando pódemos darlle segunda vida os materiais para non danar o medio ambiente.

  13. silcri di:

    1- reciclar é algo importante porque evitas encher de merda o mundo.

    2-Puntos limpos son os lugares onde se recolle o lixo que non poden ir en contedores normais.

    3-Porque o vidro tarda moito en degradarse e convén reciclalo.

    Cristina Silva 🙂

  14. vazand di:

    1. Porque reciclando axúdase a non gastar os recursos naturais.

    2. Un punto no que se depositan certos resíduos.

    3. Si, porque o vidrio pode ter efectos adversos no medio ambiente;ademais, reciclandoo contribuese a non abusar dos materiais cos que é fabricado.

    ANDREA VÁZQUEZ FERNÁNDEZ

    MARÍA RIVEIRO NOVÁS

  15. simver di:

    El vidrio es un material que por sus características es fácilmente recuperable. Concretamente el envase de vidrio es 100 % reciclable, es decir, que a partir de un envase utilizado, puede fabricarse uno nuevo que puede tener las mismas características del primero. Está facilidad de reutilización del vidrio abre un amplio abanico de posibilidades para que la sociedad y las administraciones afectadas puedan autogéstionarse de una manera fácil su medioambiente.

    Conceptos básicos:

    Antes de entrar plenamente en el tema concreto de la recuperación del vidrio, conviene hacer un ligero repaso sobré algunos conceptos básicos que nos permitan conocer qué es “el vidrio”.

    El vidrio es un silicato que funde a 1.200 grados. Está constituido esencialmente por sílice (procedente princlpalmente del cuarzo), acompañado de caliza y otros materiales que le dan las diferentes coloraciones.

    Desde el punto de vista de su aplicación, el vidrio se clasifica en industrial(1) y doméstico(2).

    (1) Se entiende como vidrio industrial el vidrio que nó es utilizado como envase para productos alimenticios (almacenamiento de productos químicos, biológicos, vidrio plano: ventanas, cristales blindados, fibra óptica, bombillas, etc).

    (2) Se entiende como vidrio domésffco el que se emplea para almacenar productos alimenticios (conservas, vinos, yogures, etc); aunque de una manera más generalizada, es el vidrio que el ciudadano deposita en los contenedores destinados a este fin (iglúes).

  16. fuemel di:

    1- Reciclar non só convén, senón que é imprescindible para a conservación da Terra. Diminúese a cantidade de residuos existentes e a produción dos mesmos. Ademáis, afórranse materias primas.

    2- Os puntos limpos son lugares onde podemos depositar os residuos que non poden tirarse nos outros contenedores, como por exemplo: mobles, chatarras, neumáticos e todos os residuos que se consideran tóxicos e ou perigosos, xerados nos fogares.

    3- Si, porque como dixemos anteriormente é beneficioso para ó medio.

    Raquel Gómez
    Melisa Fuentes

  17. marialopez di:

    1. Hoxe en día reciclar é unha necesidade, se non reciclamos esgotaremos os recursos naturais. Ademáis reciclar debería ser unha das principais fontes de enerxía.

    2. Un Punto Limpo é unha instalación onde se reciben, residuos urbanos seleccionados polos cidadáns. É, polo tanto, un sistema de recollida selectiva.

    3. Por suposto, axuda a coidar o medio evitando o seu desgaste continuo e axudando a que este nos sexa o único medio de obter enerxía.

    Carina Díaz Rodríguez.
    María López de la Calle.

  18. lorena di:

    O noso planeta é capaz de darnos os recursos que nos permiten manter a vida na terra, pero somos nos os que temos que xestionalos e coidalos, co reciclaxe, estos recursos poden ser mellor xestionados xa que o seu gasto redúcese e poden ser coidados xa que a contaminación reduciríase e o lixo iría parar a plantas de reciclaxe e non ós rios,mares ou montes.

    Os puntos verdes ou puntos limpos son lugares de recollida de residuos domésticos que pola súa perigosidade ou toxicidade non deben arroxarse ós contedores da calle.

    Calquer tipo de material que se recicle axuda ó medio ambiente, xa que é un envase menos que contaminará o planeta e tamén é unha fonte de recursos que non será explotada ou serao menos.

    Brais Durán Cervino
    Lorena Lagos Vázquez

  19. paula di:

    Reciclar é importante porque axuda a protexer o medio ambiente. O noso planeta ten unha cantidade limitada de materiais que utilizamos a diario como papel, plásticos, vidrios… Así disminúese a cantidade de residuos e a produción destes materiais, que moitas veces contribúe ó efecto invernadoiro.

    Un punto verde ou limpo é un lugar onde todo o mundo ten acceso libre para deixar materiais difíciles de depositar noutros contenedores. Atópanse alexados de lugares urbanizados, pero con fácil acceso mediante carretera. Estes lugares teñen a finalidade de evitar que os cidadáns depositen estos materiais en ríos, mares, etc.

    Ó reciclar vidrio protéxese o medio ambiente, xa que afórrase un 30% de enerxía comparado coa producción do vidrio novo, utilízase menos auga, necesítase menos temperatura para fundilo e sobre todo, disminúese a polución do aire. Tamén se evita a destrucción de lugares para a extración do material, disminúese o volume dos vertedeiros.

  20. begona di:

    1. Es importante, si reciclamos el medio ambiente se vera benificiado. Ademas de esto nuestro planeta tienee unos recursos limitados y si no frenamos el consumo de ellos se acabaran muy pronto y reciclando podemos reducir el cambio climatico.
    2.Un punto verde es un lugar donde depositar todos los materiales que en otros contenedores no se podrian echar. Estos sitios valen para que la gente no mezcle la basura y sea mas dificil separarla o para que no la echen en caminos, rios…
    3.Si, porque reducimos las materias primas que utilizamos, se reduce los vertederos y con ello la contaminacion. Y el vidrio se puede reciclar en su totalidad, las veces que se quieran y sin perder calidad.

  21. anta di:

    Se non se recicla produces un maior gasto de materias primas e maior cantidade de lixo. Canto máis lixo máis contaminación.

    Un punto limpo é donde se poden botar materias como plásticos ou pilas que son difíciles de reciclar.

    Reciclar axuda a aforrar materias primas, enerxía, e sobretodo siminue a contaminación.

  22. barand di:

    1.Reciclar é importante porque é unha boa maneira de protexer o medio ambiente.
    Reciclando diminuímos a cantidade de residuos e é necesario para non esgotar os recursos naturais.

    2.Un punto verde ou limpo é un “parque” de contenedores destinado á recollida de residuos xerados nos fogares (por exemplo, mobles, pneumáticos…) que se consideran tóxicos ou peligrosos.

    3.Reciclar axúdanos a coidar o medio ambiente porque é unha maneira de reducir a contaminación e de aforrar recursos.
    Reciclando vidrio aforramos enerxía no seu proceso de fabricación e tamén se evita destruír lugares para a súa extracción.

Deixa unha resposta