Coltán no século XX

Problemas polo coltán no Congo, Ruanda,Uganda.

Esta entrada foi publicada en RECURSOS. Garda o enlace permanente.

6 Responses to Coltán no século XX

  1. penjua di:

    A loita polas materias primas foi constante ao longo da historia do ser humano. Canto máis escasas sexan as reservas desa materia prima haberá máis conflictos. O peor é que no caso do coltán os enfrontamentos son entre grandes potencias e países con escasos recursos bélicos, polo tanto as grandes potencias ganan as guerras e a poboacion nativa do Congo (e demais países con reservas de coltán) sofre situacións próximas á esclavitude.

    Juan Penide Mesego

  2. fuelar di:

    A explotación en África estivo, e está, ligada a conflictos bélicos para conseguir o control de este material, condicións de explotación en réxime de semiesclavitude, desastres medioambientais con gravísimas repercusións na fauna local de especies protexidas (gorilas, elefantes), e incluso a graves problemas de saúde asociados cos arcaicos e infrahumanos métodos de explotación.

    Lara Fuentes Enjamio,Carlos Terceiro Plumed, Carme Méndez Galego e Marta Sucasas Álvarez.1ºB

  3. chamar di:

    Está claro que o coltán é unha fonte continua de conflictos. É necesario para a fabricación de multitude de productos, pero a un coste moi alto: esclavitude, guerra, morte, destrucción…é algo que hai que ter en conta.

  4. reycri di:

    O coltán xenera conflictos no Congo xa que alí se encontra a maior reserva de coltán.

  5. mencar di:

    O coltán foi e sigue sendo un material moi prezado, o problema é que vai chegar un momento no que non haberá máis xacementos. Os que peor parados saen son, coma sempre, os indíxenas, que son explotados, moitas veces incluso ata a morte. Incúmprense os dereitos humanos en toda regra. Deberiamos facer algo entre todos contra a escravitude, e non facer oídos xordos.

    Carme Méndez Galego 1ºB

  6. barand di:

    Nalgúns países, a presenza de recursos ten unha dobre cara: a esperanza de riqueza e a realidade de conflitos. Éste é o caso do Congo, Ruanda e Uganda, países nos cales se atopa o coltán, un mineral con útiles propiedades eléctricas moi utilizado na actualidade. Nestes países foi causa de guerras, escravitude e miles de mortes.

Deixa unha resposta