A EPIXENÉTICA.


 

 A epixenética.

A epixenética fai referencia, nun sentido amplo, o estudo de todos aqueles factores non xenéticos que interveñen na determinación da otoxenia ( describe o desenvolvemento dun organismo, dende o óvulo fertilizado ata a súa forma adulta , a ontoxenia é estudada pola bioloxía do desenvolvemento). O termo foi acuñado por C. H. Waddington en 1953 para referirse ao estudo das interaccións entre xenes e entorno que producen os organismos.

Dependendo da disciplina biolóxica, o termo epixenética ten diversos significados :

  •   En xenética do desenvolvemento, a epixenética fai referencia aos mecanismos de regulación xenética que non implican cambios na secuencias de ADN
  •   En bioloxía do desenvolvemento, o termo epixenética fai referencia á dependencia contextual dos procesos embriológicos. O contexto inclúe factores epixenéticos tanto internos (materiais maternos, propiedades xenéricas físicas e autoorganizativas das células e os tecidos, procesos de regulación xenética, dinámica celular e tisular) como externos (temperatura, humidade, luz, radiación,…)
  • En bioloxía evolutiva, o termo herdanza epixenética engloba aos mecanismos de herdanza non xenéticos.
  • En xenética de poboacións emprégase a expresión variación epixenética para denominar á variación fenotípica que resulta de diferentes condicións ambientais (norma de reacción). Os cambios epixenéticos son cambios reversibles de ADN que fai que uns xenes se expresen ou non dependendo de condicións exteriores (polifenismo).

Máis información en: http://es.wikipedia.org/wiki/Epigen%C3%A9tica


Nazaret Rodríguez Váquez

Iria Vicente Cabanas

Cristina Rey Puente

Esta entrada foi publicada en 1, TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta