Anomalías en cromosomas

Qué son?:

As anomalías dos cromosomas son defectos xenéticos que xeralmente se producen por desordes nos cromosomas do bebé. Malia que unha das máis coñecidas sexa o síndrome de Down, existen moitas clases de anomalías.

Cómo se manifestan:

Algunhas destas son menos serias pero outras incluso poidan producir a morte do neno antes de que naza. Aproximadamente un de cada 200 bebés nace cunha anomalía cromosómica. Moitos destes nenos van presentar problemas de conducta, retraso mental, incapacidades de aprendizaxe, etc.

Causas:

Normalmente as anomalías cromosómicas danse por un erro durante o desarrollo dunha célula espermática ou óvulo.  O porqué destes erros é un misterio. Pero, ata onde se sabe, nada do que faga ou deixe de facer calquera dos pais antes ou  durante o seu desarrollo pode ocasionar unha anomalía cromosómica no seu fillo.

As máis coñecidas:

O síndrome de Down:    As perspectivas para os nenos con síndrome de Down son moito máis alentadoras do que acostumaban ser. A maioría deles teñen un retraso mental de leve a moderado. Cunha intervención temprana e unha educación especial, moitos destes nenos aprenden a ler e a escribir e participan en diversas actividades infantiles.

O síndrome de Turner:     Afecta aproximadamente a unha de cada 2.500 nenas. As nenas con síndrome de Turner teñen un só cromosoma X en lugar de dous, que é o normal. Polo xeral, son estériles e non experimentan os cambios normais da pubertade a menos que se as trate con hormonas sexuais. As nenas afectadas por este síndrome son de baixa estatura, aínda que o tratamento con hormonas de crecemento e sexuais pode ayudarlles a aumentar a súa estatura. Algunhas teñen outros problemas de saúde, incluidos defectos de tipo cardíaco. Poseen unha intelixencia normal, aínda que algunhas teñen dificultades para as matemáticas e os conceptos espaciais.

O síndrome de Klinefelter:   os varóns con síndrome de Klinefelter teñen dous, ou ás veces máis , cromosomas X xunto co seu cromosoma Y. Os afectados acostuman ser altos cunha intelixencia normal, malia que son comúns as incapacidades de aprendizaxe. De adultos, producen una cantidad inferior á normal da hormona masculina coñecida como testosterona e non  son fértiles.

Melisa Fuentes Martínez , Raquel Gómez Prado

Esta entrada foi publicada en TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta