“Contra a gripe hai que actuar agresivamente”. Felipe Lobelo, médico do Servizo de Intelixencia Epidemiolóxica dos Centros de Control de enfermidades estadounidenses (CDC nas súas siglas en inglés), segue dende o seu despacho de Atlanta a evolución da epidemia minuto a minuto. Di que para facer fronte a este inimigo non hai que baixar a garda.
“Os virus da gripe son moi impredicibles, non podemos sentarnos a esperar a ver o que fan”, comenta por teléfono a elmundo.es.
Admite que é posible que nos próximos días se detecten máis casos graves e mesmo mortes fóra de México, aínda que explica que xa hai dúas frontes abertas contra o virus: a investigación e a prevención.
“Un equipo de investigadores [coordinado pola OMS] traballa en México tomando mostras”. O seu obxectivo é coñecer a bioloxía molecular do virus, coñecer se mudou varias veces, a súa virulencia, por que se mostrou máis agresivo en México… “Aínda seguimos recompilando información, pero en dous ou tres días poderiamos ter moitos máis datos”, indica.
Tamén comezaron a mobilizarse as reservas de antivirais. “En EUA hai uns 50 millóns de dose e antes do 3 de maio todos os estados terán as súas reservas dispoñibles”, asegura.
En xeral, cre que o mundo está bastante ben preparado para combater unha posible pandemia. “Aprendemos moitas leccións co SRAS”, comenta.
“Estamos traballando con outros organismos internacionais porque, para este problema global, é necesaria unha resposta conxunta”, engade.
O centro no que traballa detectou o 24 de abril o primeiro caso e confirmou que se trataba dun novo virus. Foi case por casualidade. “Existe un sistema de vixilancia a través do que se realizan probas rápidas para detectar novas cepas”, comenta.
Artigo do periódico “El Mundo”
(Tamara Alonso Ares e María Prado Barros)
Creo que a mellor solución sería cerrar as fronteiras con México, e que tódolos países cooperen para lograr unha solución.
Juan Penide
Espero que resolvan este problema o máis rápido posibel, dame medo ata respirar, a pesar de non estar en México.