Paciente cero da gripe porcina

imagen

 No poboado de A Gloria, en Veracruz no que se atopan infectados 1.300 habitantes de 4000, entre eles destaca Edgar Henrique Hernández, un neno de 5 anos, que foi rexistrado “oficialmente” como o paciente cero da infección do virus H1N1. Tamén é certo, que antes de ser rexistrado o caso de Edgar, apareceu unha rara e virulenta gripe na que morreron dous nenos en A Gloria. Fose como fose, o pequeno, agora atópase ben, xogando nas rúas da súa aldea. Segundo o gobernador do estado de Veracruz, Fidel Herrera, declarou á axencia EFE ao menor  suministraronselle mesturas de amoxicilina con paracetamol “que teñen a Edgar e ao seus familiares cos seus sistemas imunolóxicos intactos”.
Ata o momento, máis dun centenar de persoas poderían haber morto a causa da gripe porcina en México, o país máis afectado. Ritmo que supera con creces o da temida gripe aviar, que en seis anos deixou 257 morte e 421 afectados.

MARÍA NEIRA E ÁNGELA BREA

Esta entrada foi publicada en 1, TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta