Contaminación alarmante nas Rías Galegas

“Estamos matando a galiña dos ovos de ouro”

A contaminación rexistrada nas rías galegas que dispoñen dos mellores bancos marisqueiros de moluscos bivalvos, entre os que figura a vieira, aumentou”exponencialmente” dende os últimos 20 anos. As zonas de maior riqueza produtiva coinciden, precisamente, cas cinco áreas do litoral da comunidade onde máis se degregou a calidade das augas: Ferrol, A Coruña, Vigo, Pontevedra e Arousa.

O incremento da poboación, a falta de depuración de residuos urbanos, a filtración de fertilizantes e outros productos químicos, así como a actividade industrial e portuaria son os factores que máis  contribuíron a esta situación, segundo espuxo a Europa Press. A contaminación dos ríos galegos contribúe  a agravar esta situación ao desembocar no mar.

Esta situación é alarmante. Estamos danando unha das nosas principais fontes de riqueza.

Melisa Fuentes

Raquel Gómez

Alba Constenla

Esta entrada foi publicada en TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta