A relación entre a música,a emoción e o cerebro

A música e a emoción comparten unha mesma rexión do cerebro, coñecida como o cortex prefrontal, segundo comprobaron científicos da Universidade de Dartmouth analizando as reaccións cerebrais de oito músicos. O descubrimento explica o forte vínculo que comparten a música e a emoción e a súa indisociable unión co espírito humano. Por Eduardo Martínez.

O equipo, conducido por Petr Janata, do Centro de Neurociencias Cognitivas da Universidade de Dartmouth, explorou a capacidade humana para memorizar unha melodía a través do estudo do cerebro de oito amantes da música. Os músicos, con polo menos doce anos de estudos, deberon escoitar diversas melodías e analizalas.

Grazas á imaxinaría cerebral, que sinala que parte do cerebro reacciona a un estímulo específico, os investigadores descubriron que a capacidade de recoñecer a música está situada nunha parte do cortex prefrontal que é fundamental tamén para a aprendizaxe de coñecementos e para a resposta ou control das emocións.

Emocións diferentes

O feito de que o cerebro de cada un dos músicos reaccionase de forma lixeiramente diferente ao dos demais, explica por que unha mesma melodía pode suscitar emocións diferentes segundo o momento.

O estudo pon de manifesto o estreito vínculo que existe entre o espírito humano e a música, aínda que esta non constitúa un elemento de supervivencia física como o alimento ou o acubillo.

O cortex prefrontal está situado antes da área premotriz e pode dividirse en tres rexións: a rexión dorso lateral convexa, a rexión orbito-frontal e a rexión mediana interna.

Até agora sabíase que cando esta rexión cerebral sofre lesións, altérase a capacidade de asimilar información, de resolver problemas e de avaliar as consecuencias da acción. Grazas á investigación de Janata, sábese tamén que a capacidade musical veríase tamén alterada neste suposto.

imagen

Percepción visual
O cortex prefrontal está asociado tamén á percepción visual xa que, cando se activan as áreas visuais do cortex por mor dun obxecto, o cortex prefrontal reacciona tamén para manter viva a imaxe recibida.

As neuronas do cortex prefrontal desempeñan así mesmo un papel parecido na memoria a longo prazo, por exemplo, cando se lembra conscientemente unha experiencia antiga ou un cadro.

Numerosos estudos demostraron a participación do cortex prefrontal na codificación e recuperación dos recordos, polo que o seu papel asóciase co esforzo por atopar información almacenada na memoria.

O que veu a engadir o estudo de Janata é que a música forma parte das tarefas asignadas pola natureza ao cortex prefrontal, así como que a emoción está intimamente asociada a estes procesos.

Fuente: www.tendencias21.net

Por: Lara Fuentes Enjamio e Carlos Terceiro Plumed

Esta entrada foi publicada en 1. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta