8º traballo-1º Bacharelato A-As vacinas

A varíola é unha enfermidade vírica caractérizada por numerosas pústulas en todo o corpo . Ten unha tasa de mortalidade de máis dun 25%. Edward Jenner sabia que as persoas que estaban en estreito contacto co gando vacún podían contraer dita enfermidade, e que padecer dita enfermidade lles facia adquirir inmunidade contra a varíola. Jenner extraeu as pústulas dunha muller enferma da variola da vaca e inxectoulle o líquido a un rapaz. Este sufriu a varíola da vaca, pero quedou inmunizado contra a varíola humana. 1.-Son útiles os antibióticos para combater unha enfermidade vírica? Por que? 2.-Que opinas sobre o método seguido por Jenner para descubrir a vacina contra a varíola?

imagen

 

 

Esta entrada foi publicada en TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.

10 Responses to 8º traballo-1º Bacharelato A-As vacinas

  1. mendez di:

    1-Non, porque ao ter a variola unha vez o corpo queda inmunizado e é moi difícil que se volva a producir.
    2-Non é moi seguro, xa que non sabía como ía a reaccionar o rapaz fronte a variola da vaca.

    Xián Blanco Méndez

  2. SertX0 di:

    1-Os antibioticos só son utiles contra as bacterias,contra os virus non o son.Contra os virus só son eficaces as vacinas

    2-O metodo non e moi “humano” pero conseguiu o seu obxectivo que era obter unha vacina e salvar vidas.

  3. mateo di:

    1.- Non, un antibiótico é un medicamento poderoso diseñado para matar bacterias ou impedir que crezan. Recetanse apropiadamente para enfermedades causadas por bacterias, como amigdalitis, estreptocócica e moitas infeccións do oído. Non poden curar enfermidades causadas por virus, tales como un resfriado ou a gripe.
    2.- A verdade e que o métido que utilizou Jenner non é moi cómodo pero se impide a transmisión entre humáns xa é algo bó. De todas formas se non fose totalmente necesario eu non o poría a cabo xa que ao mellor infectase a un paciente que non tería por que ser tratado ao non estar exposto a moito perigo de transmisión.

    Mateo Vázquez

  4. anta di:

    1.No. A explicación está nas diferencias dos virus e das bacterias. As bacterias están sempre activas e os virus non. Aparte os virus son moito máis pequenos que as bacterias e polo tanto os antibióticos non están programados para destruir virus.
    2 Se estaba totalmente seguro de que a variola vacuna non iba a ser perxudicial e que os seus experimentos iban a ser fiables pareceme correcto. Pero non é de todo ético desde certos puntos de vista xa que experimentou cun ser humano.

  5. luca di:

    1-Pois para esta enfermedad os antibioticos non creo que valgan a pena, xa que unha vez padecida esta enfermidade, un queda inmunizado.

    2-Non me parece unha boa forma de buscar un remedio contra a variola.Xa que so a tes unha vez e non se sabe os sintomas que pode producir a variola da vaca.

  6. alba di:

    1. Non,non son útiles, xa que os antibióticos utilízanse para combater as enfermidades bacterianas pero non os virus, como se trata neste caso, xa que a variola é unha enfermidade vírica.

    2. Ao meu parecer, o método seguido por Edward Jenner para adquirir a inmunidade contra esta enfermidade, foi dun principio un pouco arriscado xa que facer a primeira proba nun rapaz inxectándolle o líquido das pústulas da muller infectada pola variola vacuna non me paréce moi axeitado. Despois desta primeira proba, e se o experimento tivo éxito, estou totalmente de acordo; pero creo que a primeira proba non a debería realizar nunha persoa.

  7. cervino di:

    1-Os antibióticos non son útiles para combater ningún tipo de enfermidade vírica xa que para combater esta enfermidade (virus) utilízanse as vacinas,mentres que para combater calquera tipo de bacterias utilízanse antibóticos.Os antibióticos son
    medicamentos que atacan
    ás bacterias e poden
    deter a enfermedade que causan,mentes que as vacinas son inxeccion que se requiren para protexer os nosos fillos de enfermidades perigosas,como por exemplo a varíola.

    2-Normalmente a experimentación con humanos non está ben vista polo tanto na súa época puido ser bastante criticado. A min persoalmente pareceme que para chegar a conclusión que chegou tivo un bo método de seguimento e o experimento, aínda que arriscado, resultou efectivo.

    BRAIS DURÁN CERVIÑO

  8. pablo di:

    1-Os antibioticos actúan contra as bacterias contra os virus non son útiles, a unica cura para os virus son as vacinas.

    2- É recordado como o cientifico que encontro a solución contra a viruela, aínda que os métodos que usou forón mmoi perigosos.

  9. saragonzalez di:

    1) Non. Os antibióticos son útiles para tratar algunhas enfermidades bacterianas e completamente inútiles para tratar virus, sen embargo na historia dos antibióticos vimos unha pérdida progresiva da efectividade destes, isto debido a que como todo ser vivo, as bacterias buscan a forma de sobrevivir creando resistencia aos antibióticos que usamos; Os virus son moi variados e a nosa mellor defensa é evitar o contacto con eles, a vacunación, un sistema inmune funcionante e só en alguns casos medicamentos “antivirales”.

    2) Paréceme moi interesante o razonamento que fixo Jenner. Se as persoas que tiñan a variola contaxiada polo gando vacún eran en parte inmunes a esta enfermidade, é loxico que lle inxectase a variola producida polo animal para que quedase inmune.

  10. ana di:

    1.
    Os antibióticos non serven para combater as enfermidades víricas xa que estes matan ás bacterias beneficiosas que viven dentro do corpo humano,destrúen os microbios que axudan a limpar á contaminación,promoven a resistencia aos antibióticos nos microorganismos e cando son sobre utilizados fan maís difícil o tratamento dalgunhas enfermidades.

    2.
    Penso que foi un gran adianto médico,xa que antes de que el descubrise que todas aquelas persoas que tiñan gando vacuno e traballaban con el a diario non padecían o virus da variola humana xa que eran inmunes porque padeceran o virus da variola da vaca non había vacuna contra esta enfermidade e grazas a este descubrimento salvouse a vida de moitas persoas que a padecían.

    Cristina García Pampín 1ªA

Deixa unha resposta