Ignorancia mortal

Observade no seguinte reportaxe o comportamento das persoas ante a chegada das primeiras olas dun tsunami: a.-Creedes que o coñecemento sobre como funciona un tsunami pode salvar vidas? Por que?. b.- Que sabiamos de tsunamis antes do 2004? Descargade o documento “Sobreviviendo a un tsunami: lecciones de Chile, Hawai y Japón”: publicado en varios idiomas no ano 1999. http://pubs.usgs.gov/circ/c1218/


Esta entrada foi publicada en RISCOS NATURAIS. Garda o enlace permanente.

15 Responses to Ignorancia mortal

  1. begona di:

    Si que puede salvar vidas, pero tratandose de un tsunami de tal magnitud, es dificil o por lo menos parece dificil de imaginar que hubiera menos victimas de las que hubo. Pero si avisaran de la llegada del tsunami y con el tiempo suficiente podrian a ver desalojado a una gran parte de la poblacion. Antes del tsunami del 2004 a penas conociamos el significado de la palabra. Despues de ese tsunami empezamos a conocer caracteristicas, consecuencias, etc.

  2. mateo di:

    Un tsunami é moi dificil de evitar por moitos coñecementos deles que teñas, xa que nin che da tempo nin se pode saber cando pode producirse un. Ata que ocorreu a catástrofe no 2004 pouco se coñecia dos tsunamis pero agora a xente esta máis mentalizada e coñece máis deles.

  3. alba di:

    Dende o noso punto de vista, si que se podrían salvar vidas, xa que o coñecemento dos efectos dun tsunami, desde que se comeza a producir coa retirada do mar cara atrás ata que chega a primeira onda, habería tempo suficiente para salvarse desta catástrofe natural subíndonos a unha zona que lle gañe en altura ao nivel do mar.
    Ata que isto ocorreu en Sumatra, non se lle dou moita importancia ao tema, parece que as persoas só lle damos importancia aos temas importantes cando ocorre unha desgraza coma esta na que morreron milleiros de persoas.

    Noemí González García e Alba GOnzáles Picáns.
    ( 1ºA bach. )

  4. anta di:

    Si, obviamente. Canto máis sepas mellor. Se tes coñecementos sobre a formación de tsunamis e ves como esa cantidade de auga se retira poderías avisar a xente que está alí e polo menos evitar que unha cantidade importante de xente morra só por descoñecemento. Eu antes de 2004 non sabía practicamente da sua existencia. Pero ata que non ocorre unha traxedia así a xente non se preocupa de nada.

  5. lara di:

    Si, por suposto que detectando os tsunamis se poden salvar moitas vidas humanas, non pasa así se se trata de edificios, cidades…
    No tsunami da isla de Sumatra douse un caso parecido, unha nena inglesa que sabía como se producían os tsunamis deuse de conta do que acontecia e alertou as persoas que estaban nesa praia, por suerte conseguiuse evacuar a zona a tempo e toda a xente se puido salvar.
    Si, si que sabiamos de outros tsunamis pero de moita menos magnitude e con consecuencias menos catastroficas. En realidade os efectos tan devastadores deste tsunami estuberon potenciados pola contaminación e os efectos do cambio climático.

    * pode borrar o meu post anterior, copieino para correxirlle os erros

  6. ana di:

    Si,claro que si.Aparte de que existen métodos de prevención ante este tipo de sucesos penso que se podería ter a xente que habita en zonas con riscos deste tipo ben informada sobre cómo se producen,o que teñen que facer en caso de que se produza algún,como poder dalgún modo saber que se aveciña, por exemplo no vídeo aparece como a xente da praia se quedaba mirando haber que era eso que estaba a suceder,e deseguro que se souberan ou que alí estaba a ocurrir escaparían correndo para salvar as súas vidas.
    A verdade e que antes do tsunami do 2004 non tiñamos moita información sobre este tipo de catástrofes.Pero co tráxico suceso producido na illa de Sumatra comezaron a informarnos sobre o poder dos tsunamis.

    Cristina García Pampín
    Ana Cagide Vázquez

  7. mateo di:

    Está claro que cantos máis coñecementos se teñan dun problema, mellor se podería evitar, aínda que en canto a un tsunami polas súas características é bastante difícil de evitalo por causa da rapidez ca que se producen, o amplo radio que abarcan cando se producen, etc.
    Pero con algúns coñecementos poderíase ter evitado sabendo cousas coma que o mar é moi perigoso e sobre todo cando hai tormenta é perigosísimo acercarse a el, e menos bañarse nel.
    Coma ben se ve na noticia “Sobreviviendo a un tsunami” si que se pode sobrevivir a un tsunami con algúns coñecementos coma subir a sitios altos ou, simplemente, sabendo que e perigoso estar cerca del habendo tormenta.

    Mateo Vázquez e Pablo Tosar.

  8. paula di:

    Coñecer como funciona un tsunami axudara moito a salvar vidas. A xente que vive en lugares onde poida ocorrer un tsunami debería estar ben informada do que poden facer para sobrevivir, como evacuar o lugar sen que cunda o pánico, a onde dirixirse e que facer cosas pertenzas. O mellor é dirixirse a un lugar o máis elevado posible. O tsunami non é simplemente unha ola, é unha sucesión, asique hai que esperar a que remate completamente. Aínda que antes do 2004 xa ocorreran terremotos, despois do que tivo lugar en Sumatra, déronse moito máis a coñecer. A partir de ahí, as autoridades preocupáronse máis por protexer a poboación ante estas catástrofes, xa que se investigaba máis e se tiña máis información.

  9. catuxa di:

    Na miña opinión se se tivera máis información acerca dos tsunamis poderiamos evitar moitas catastrofes e incluso se poderia evitar mortes.

  10. TaT0 di:

    O coñecemento sobre os tsunamis é determinante. Se as persoas do video souberan que cando o mar retirase tanto, o tsunami é inminente, en vez de mirar para o mar, escaparian o mais lexos posible e a un lugar alto. É posible que non se salvaron todas as persoas pero polo menos serian menos numerosas as vitimas.

    Antes do 2004, a informacion que tiñamos era a mesma, o que ocurre e que no estaba mediatizada a informacion e so a sabian os expertos.

    1ºBach A
    Alex Cabal
    Gercho Sanmartin

  11. mendez di:

    Os tsunamis son moi dificiles de predecir xa que o mar é moi impredecible. Pero, en caso de que a xente soupese o que é un tsunami haberiase refuxiado e salvadose algunhas vidas máis.
    Antes do tsunami do 2004 non se sabia moito sobre este tipo de catástrofes.

    Xián Blanco
    David Otero

  12. marialopez di:

    Si, claro, sabendo o que son podemos intuir como van a actuar e en función deso salvar moitas vidas, aínda que non se poden evitar os danos que fai nas cidades e no medio, penso que sería importante que nas zonas de risco a xente soubera todo o posible.
    Antes do 2004 a maioría de nós non sabíamos o que era un tsunami, as veces fai falta que aconteza unha catástrofe para que nos demos conta do importante que é coñecer os fenómenos naturais.
    En canto ó vídeo paréceme moi impactante, son imaxes bastante fortes…mostra da insignificancia do ser humano, (que cre poder modificar todo), ante un problema como este.

    Carina Díaz Rodríguez.
    María López de la Calle.

  13. saragonzalez di:

    Eu creo que os tsunamis son moi dificiles de previr, e que a xente tería que ter máis coñecementos sobre eles, xa que eses coñecementos poderían, dalgunha maneira, salvar vidas. Se as persoas non saben nada sobre os tsunamis tampouco vanlle ter o respeto que se merecen, xa que son efectos da natureza moi perigosos.

  14. lorena di:

    Está claro que os coñecementos son necesarios, pero nun caso destes aínda moito mais, sen dubida saber como funciona un tsunami e como poñerse a salvo no caso de que este suceda, axuda moito, sen embargo non estamos tan seguros de que calquera por moitos coñecementos de tsunamis que tivese, poidese salvarse neste caso. Cando unha persoa se atopa en perigo, o pánico que pode chegar a sentir bloqueao completamente, facendo que por un momento, sen dúbida moi desafortunado porque sempre é no momento mais crítico, a persoa esquenza todo o aprendido e o único que poida facer e ver como se aveciña o perigo sen ser capaz de evitalo.
    O tsunami de 2004 en Sumatra, achegou a realidade de estes fenomenos ó mundo, antes disto, podían suceder este tipo de fenómenos sin que se lle dese a suficiente importancia, como din os nosos compañeiros nos anteriores posts, non nos damos conta do grave que pode chegar a ser unha situación ata que realmente a vivimos. Despois de desgrazas como estas, si que o mundo chega a saber realmente o que son os Tsunamis e o que producen, pero realmente ¿estamos completamente informados? pola nosa parte, creemos que a información recibida e suficiente, pero non sabemos se realmente a poderiamos aplicar no caso dun suceso coma este cerca das nosas costas.

    Brais Durán Cerviño
    Lorena Lagos Vázquez

  15. noa di:

    O coñecemento destas catástrofes pode axudarnos a desenvolvernos e a actuar cando se producen, pero si no lugar donde vivimos non hai ningun tipo de estudo, nin de protocolo, nin se preocupan por avisar e informar a población sobre os tsunamis, seríanos imposible detectalo a simple vista. Os tsunamis están producidos nas bahias ou zonas costeiras, en xeral, por ondas de gran amplitude e altitude que asolagan ditas zonas dunha maneira catastrófica; anterior ao tsunami pode producirse ou un terremoto ou a erupción dun volcán, polo que si son deducibles, e nese límite de tempo é posible desaloxar a unha grn parte da poboación.
    Antes do ano 2004, eu, particularmente, nunca tiña oido falar de este tipo de catástrofes, pero xa se sabe, ” a nadie se lle ocurre mirar a o sol ata que sobreven unha eclipse” e esto en parte foi o que ocorreu con esta catástrofe. Era un lugar moi reclamado polo turismo pero pobre en xeral, e vese que os habitantes non tiñan conocemento algún sobre os tsunamis, polo que non souberon como actuar nin a donde dirixirse, o medo e o non saber como actuar foron principais causantes da morte de tal cantidade de víctimas do tsunami.

Deixa unha resposta