Enerxía escura

    A enerxía escura é unha forma hipotética de materia que se atopa presente en todo o espazo, producindo unha presión negativa que tende a incrementar a aceleración da expansión do Universo, provocando o afastamento das galaxias. O seu descubrimento foi levado a cabo no ano 1998 gracias ás observacións de supernovas moi afastadas realizadas por parte do Supernova Cosmology Project no Laboratorio Nacional Lawrence Berkeley, que suxeriron que a expansión do espazo se estaba acelerando. Desde entón, esta aceleración foise confirmando a través de diferentes fontes independentes.

     A súa natureza exacta é Análise da enerxía escuraunha materia  de especulación. Coñécese que é moi homoxénea, non moi densa e descoñécese a interacción con ningunha das forzas fundamentais máis que a gravidade. Como a súa densidade e mínima (uns 10−29 g/cm3), é difícil detectala mediante experimentos nun laboratorio. A enerxía escura ocupa no Universo, o 70% de toda a enerxía. Os dous modelos principais de enerxía escura son: a quintaesencia e a constante cosmolóxica.

    Se a aceleración da expansión do universo continúa indefinidamente, o resultado final será que as galaxias exteriores ao Supercúmulo de Virgo moveranse máis alá do chamado horizonte de sucesos, é dicir, non volverán a ser visibles, posto que a súa velocidade radial será maior que a velocidade da luz. Sen embargo, a Terra, a Vía Láctea e o Supercúmulo de Virgo permanecerían sen perturbacións mentres o restro do universo retrocedería. Neste escenario, o supercúmulo local finalmente sufriría unha morte quente. Polo tanto, o futuro do Universo depende da natureza desta enerxía: si é unha constante cosmolóxica, o seu futuro será parecido ao do universo plano; mais se é quintaesencia (enerxía fantasma), a súa densidade aumentará co tempo, provocando unha aceleración exponencial.


    Na nosa opinión, e tal e como demostran algúns experimentos de aceleración extrema, esta expansión sería tan rápida que superaría as forzas de atracción nucleares e destruiría o Universo nuns 20.000 millóns no chamado Gran Desgarro.

Carla Mosquera Férnandez e Rubén Rodríguez Rodríguez. 1ºA Bacharelato

Esta entrada foi publicada en O Universo. Garda o enlace permanente.

One Response to Enerxía escura

  1. manucar di:

    Se a a Vía Láctea non sufre perturbación algunha ¿eso significa que nós non sufriríamos as consecuencias do retroceso do Universo?

    Manuel Cabrón Castro.
    Ricardo Castro Camba.

Deixa unha resposta