Stephen Hawking

imagen

O científico británico Stephen Hawking afirma, no seu novo libro “The Grand Design“(O gran diseño) , que a física moderna exclúe a posibilidade de que Deus crease o universo.

Do mesmo modo que o darwinismo eliminou a necesidade dun creador no campo da bioloxía, o coñecido astrofísico afirma na súa obra,  que as novas teorías científicas fan redundante o papel dun creador do universo.

O Big Bang, a grande explosión na orixe do mundo, foi consecuencia inevitable das leis da física, argumenta Hawking no seu libro.

Hawking renuncia así ás súas opinións anteriores expresadas no seu ‘Una Breve Historia del Tiempo’, na que suxería que non había incompatibilidade entre a existencia dun Deus creador e a comprensión científica do universo.

imagen

Lorena Tato Torres

Esta entrada foi publicada en O Universo. Garda o enlace permanente.

2 Responses to Stephen Hawking

  1. almon di:

    Hawking contradise nas súas teorías. Primeiro afirma unha cousa e logo outra. Pero hai que comprendelo. Así é a ciencia, primeiro crese unha cousa e logo “descubrese” unha teoría mellor sobre esa cousa e, ou ben se tira con todo o anterior ou se constúe unha nova teoría basada no que se creía anteriormente.

  2. sanal di:

    Desde o noso punto de vista este é un dos temas mais cautivadores da actualidade. Sería interesante ler ‘The grand desing’para a nosa completa información, xa que esta entrada non aclara todos os conceptos como por exemplo o motor fundamental no que se basa Hawking para afirmar que Deus non existe.
    Paula Rodríguez
    Sandra Álvarez.

Deixa unha resposta