Google Earth é un programa informático similar a un Sistema de Información Xeográfica, creado pola empresa Keyhole Inc., que permite visualizar imaxes en 3D do planeta, combinando imaxes de satélite, mapas e o motor de búsqueda de Google que permite ver imaxes a escala de un lugar do planeta.
http://earth.google.es/
Google Sky é unha versión do Google Earth que incorpora unha ferramenta para explorar o ceo, ver estrelas, galaxias e imaxes astronómicas. Esta versión aporta imaxes tomadas polas cámaras do Hubble.Ten unha sección de tutoría para guiarse e aprender de aquelas constelacións, galaxias e planetas máis notables. Podemos ver tamén os transbordadores lanzados pola NASA e a estación espacial.
http://www.google.com/sky/
Google Moon é un servizo semellante ao Google Maps que amosa imaxes por satélite da Lúa . Con este servizo podemos observar imaxes da Lúa das misións Apollo (1969-1972). Debido a esto o zoom é limitado aínda que con boa definición. As etiquetas de cor vermella sitúan as diferentes expedicións na imaxe dispoñibles da Lúa.
http://www.google.com/moon/
Pensamos que Google Earth, Sky e Moon permitiron observar a Terra, a Lúa, as galaxias e as estrelas dunha maneira novedosa e innovadora.
Mónica Sada González e Lorena Estraviz Moreno.