Big Bang e Big Rip

O big bang ten tres significados relacionados na cosmoloxía física. Refírese os feitos observables da evolución do universo. Tamén é un modelo cosmolóxico no cal o universo estivo expandíndose dende hai 13,7 miles de millóns de anos, a partir dun estado denso e quente. Tamén úsase nun senso máis reducido para describir a explosión ocorrida no (ou cerca do) tempo 0 na historia do universo.

A evidencia observacional do Big Bang inclúe a análise do especrto luminoso  das galaxias , que revela un desprazamento cara o vermello proporcional á distancia nunha relación descrita pola lei de Hubble. Combinada coa asunción de que os observadores posicionados en calquera lugar do universo farían observacións similares (principio de Copérnico), isto suxire que o propio espazo estase expandindo. Retrotraéndonos no tempo dedúcese o estado inicial do universo (no tempo 0), o cal é a premisa clave do Big Bang.

O apoio teórico do Big Bang ven de modelos matemáticos, chamados modelos de Friedman, que amosan que un Big Bang é consistente coa relatividade xeral e co principio cosmolóxico, que di que as propiedades do universo deberían ser independentes da posición ou orientación.

A teoría da nucleosíntese do Big Bang  predí o paso no cal varios elementos de luz son creados en modelos do universo antigamente e dá resultados que son xeralmente consistentes coas observacións. O modelo do Big Bang, ademais, predí a radiacion de fondo de micoondas, un fondo de feble radiación microondas que enche o universo. O descubrimento da radiación de fondo de microondas en 1964 levou a que os físicos aceptasen, polo xeral, que o Big Bang é o mellor modelo para explicar a orixe e a evolución do universo.

Big BAng

O Big Rip é unha hipótese cosmolóxica que propón un final fóra do común para a fin do universo. Predí que a densidade de toda a materia do universo, desde estrelas e galaxias a átomos e partículas subarómicas , increméntase co tempo, isto a pesar de que o universo segue a expandirse; nesta situación a densidade do universo convértese en infinita nun tempo finito, teminando a súa existencia por unha singularidade gravitacional en toda a súa estrutura. A diferenza do Big Crunch, no cal todo se condensa nun só punto, no Big Rip o universo convértese en partículas subatómicas flotantes que permanecerían separadas para sempre, sen cohesión gravitatoria nin enerxía.A hipótese propúxoa por primeira vez Robert R. Caldwell en 1999, o nome puxéronllo el e os seus colaboradores Marc Kamionkowski e Nevin N. Weinberg en 2003.

Big Rip

Comentario: Parecenos moi interesante saber sobre a orixe do universo co Big Bang. 🙂

Autores: Iago Fernández Díaz e David Suarez Dapena

Esta entrada foi publicada en O Universo. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta