Misións espaciais e a NASA

A NASA E AS SÚAS ORIXES
A National Aeronautics and Space Administration, mais coñecida como a NASA, é unha organización gobernamental dos Estados Unidos, creada por Eisenhower que se encarga de resolver todos os problemas de tipo espacial, así como de realizar diversos estudos relacionados co espazo.
O inicio desta organización tivo lugar o 1 de outubro de 1958 e estaba formado por catro laboratorios e uns 8000 empregados.

O APOLO 11:
O Apolo 11 partiu cara á Lúa con Neil Armstrong e Edwin E. Aldrin como tripulantes, e aterraron na superficie da lúa o 20 de xullo de 1969 e regresaron á Terra o 24 de xullo. As primeiras palabras de Armstrong ao poñer o pé sobre a Lúa foron: «Este é un pequeno paso para o home, pero un gran salto para a humanidade»

O Programa Mercury
5 de maio de 1961: lanzamento do foguete Redstone coa cápsula Freedom 7 do Proxecto Mercury con Alan Shepard Jr. a bordo no primeiro voo suborbital estadounidense. Para lanzar as misións orbitais do Proyecto Mercury usouse o foguete Atlas.
O Programa Mercury comezou en 1958 co obxectivo de descubrir se o home podía sobrevivir. no espazo exterior. O 5 de Maio de 1961 Alan B. Shepard foi o primeiro astronauta estadounidense ao pilotar a nave Freedom 7 nun voo suborvital de 15 minutos. John Glenn converteuse o 20 de Febreiro de 1962 no primeiro estadounidense en orbitar a Terra, durante un voo de 5 horas coa nave Friendship 7, que deu tres voltas á Terra.


Autores do traballo:

Alejandro Iglesias Carrazón

Luís Fernández Díaz

Esta entrada foi publicada en O Universo. Garda o enlace permanente.