Os volcáns

        Un volcán é unha estrutura xeolóxica pola cal emerxe magma (rocha fundida) e gases do interior dun planeta. O ascenso ocorre xeralmente en episodios de actividade violenta denominados erupcións, nas cales o volcán inxecta altas cantidades de poeira, gas e aerosois na atmosfera, podendo causar arrefriamento climático temporal.Ao acumularse o material arrastrado do interior fórmase unha estrutura cónica en superficie que pode atinxir alturas dunhas centenas de metros ata varios quilómetros.

Ao conduto que comunica o reservorio de magma ou cámara magmática en profundidade coa superficie denomínaselle cheminea. Esta termina na cima do edificio volcánico, o cal está rematado por unha depresión ou cráter.

Estructura dun volcán

Algúns volcáns, logo de sufrir erupcións grandes, colápsanse formando enormes depresións nas súas cimas que superan o quilómetro de diámetro. Estas estruturas reciben o nome de caldeiras.

Nesta páxina pódense observar imaxes espectaulares de volcáns.

www.imagesdevolcans.fr


Sen dúbida, un dos fenómenos naturais adversos máis espectacular.

Carla Mosquera Férnandez e Rubén Rodríguez Rodríguez 1ºA Bacharelato

 

Esta entrada foi publicada en 1, XEOLOXIA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta