Os órganos vestixiais

Un órgano vestixial é un órgano cuxa función orixinal perdeuse durante a evolución. Hoxe en día, a lista de órganos humanos considerados como vestixiais inclúe o apéndice e o cóccix. Moita xente mantén que o cóccix é o resto dunha cola perdida. As moas do xuízo tamén son vestixiais. Así mesmo, a plica semilunaris, é un residuo vestixial da membrana nictitante (a terceira pálpebra) noutros animais. O fenómeno da “carne de galiña” nos humanos baixo condicións emocionais severas é un reflexo vestixial .Algunhas características poden ser vestixiais nun dos sexos pero non no outro, xa que son homólogos, pero non comparten funcións similares entre os sexos. Órganos con distintos propósitos nun sexo, por exemplo, é a mamila.

 

imagen

imagen

 

 

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta