En que se diferencia a selección natural da selección artificial?

 Antes  de explicala diferenza entre estas dúas selección, temos que explicar cada unha delas:

A selección natural é un fenómeno esencial da evolución que se define como a reprodución diferencial de xenotipos no seno dunha poboación biolóxica. Esta selección foi proposta por Darwin para explicar a evolución biolóxica.

A selección artificial é unha técnica de control reprodutivo mediante a cal o home altera os xenes de organismos  domésticos ou cultivados.

A diferencia  principal entre estas dúas está en que a selección natural non está planificada polo home, senón que vén imposta polas circunstancias ambientais; é dicir, que as especies evolucionan, desenrólanse e adáptanse de acordo ó hábitat no que conviven (selección natural), pero cando o home modifica a través de experimentos e hábitat controlados dise que é selección artificial.

A continuación, presentamos dúas imaxes:

  • Selección artificial:

 

 

imagen

 

  • Selección natural:

 

imagen

 Opinión persoal:

Este tema é o principal para a nosa evolución, entón esto interésanos a todos para saber a procedencia natural e a evolución de todos os organismos. Pero hai que ter en conta que a selección artificial debe ser un medio de coñecemento polo que  hai que empregalo de maneira consciente, razoado e sen sacar beneficios persoais.

Autores: Tamara Camino e Belén Miranda

1º A de Bacherelato.

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta