Órganos vestixiais

Os órganos vestixiais son restos de órganos que nun determinado momento tiveron unha función que actualmente se perdeu porque non era necesaria.

Existen órganos vestixiais en moitos animais como nas baleas, avestruces, emús e nos seres humanos. Como hai moitos animais con ditos órganos,centrarémosnos no ser humano

Moas do xuízo: aparecen a partir dos 17-18 anos, foron útiles no pasado cando aportaban potencia mastigadora xa que os alimentos eran máis duros.

Apéndice: atópase cerca do punto de unión do intestino delgado e o intestino groso.

Cóxis: está situado ao final da columna vertebral e pénsase que pode ser o resto dunha cola.

A chamada “pel de galiña”: a súa función era poñer o pelo erizado para aparentar maior tamaño e enfrontar un inimigo.

Coma estes, existen algúns máis como o tubérculo de Darwin.

 

imagen

 Se os órganos vestixiais non teñen aparente función, acabarán desaparecendo por completo e no caso de que volvan a ser necesarios será a propia evolución quen os faga aparecer de novo.

Lucía Rodríguez e Sara Campos

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta