Extincións masivas

Cando falamos de extinción masiva estámonos a referir a un período de tempo no cal desaparecen un número moi grande de especies. Dende que a vida comezou na Terra tiveron lugar cinco grandes extincións masivas:

  1. Fai 444 millóns de anos, na transición entre os períodos Ordovícico e Silúrico, ocorreron duas extincións masivas chamadas extincións masivas do Ordovícico-Silúrico. A sua causa probable foi o período glaciar. O primeiro evento ocorreu cando os hábitats mariños cambiaron drásticamente ó descender o nivel do mar. O segundo ocurreu entre quinientos mil e un millón de anos mais tarde, ó medrar o nivel do mar rápidamente.
  2. Fai 360 millóns de anos produciuse a extinción masiva do Devónico, na transición entre os períodos Devónico e Carbonífero, no cal o 70% das especies desapareceron. Este foi un evento que probablemente durou uns tres millós de anos.
  3. Fai 251 millóns de anos, durante a extinción masiva do Pérmico-Triásico, extinguironse cerca do 95% das especies mariñas. Esta foi a catástrofe mais grande que se coñeceu da vida na Terra. Desapareceron o 53% das familias biolóxicas mariñas, o 84% dos xéneros mariños e aproximadamente o 70% das especies terrestres (incluíndo plantas, insectos e vertebrados).
  4. Fai 210 millóns de anos durante a extinción masiva do Triásico-Jurásico extinguironse varios grupos de arcosaurios, dos cales solo sobreviviron 3: Crocodilia, Dinosauria e Pterosauria. Tamén destaca a extinción total dos sinápsidos no mamíferos como o Thrinaxodon. A causa foi probablemente volcánica.
  5. Fai 65 millóns de anos na extinción masiva do Cretácico-Terciario desapareceron cerca do 75% de todalas especies, incluíndo os dinosaurios.Paula Rodríguez e Sandra Álvarez.
Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta