Biotecnoloxía

A biotecnoloxía é unha nova industria baseada na aplicación da enxeñaría xenética á obtención de productos comerciais. A partir de 1975, que foi cando naceu, os biólogos non eran o únicos interesados no ADN senón tamén industrias moi diversas e de grande importancia económica.

O primeiro producto que se producíu e comercializou foi a insulina humana (humulina). Este novo producto permitíu prescindir de insulinas de porco ou de vaca, que algunhas veces ocasionaban problemas relacionados con reaccións inmunolóxicas adversas.

-Outras proteínas comercializadas pola industria farmacéutica foron:

-O interferón humano, trata a esclerose múltiple.

-A hormona de crecemento, trata o ananismo hipofisiario. Antes tratábase cunha hormona extraída de cerebros de cadáveres, e ademais de ser custoso provocaba infeccións en algúns casos.

-O ADN polimerase I, trata a fibrose cística.

Vacinas baseadas en proteínas recombinantes (hepatite B).

Na industria alimentaria podemos destacar a quimosina, a somatotropina bovina e a hormona de crecemento bovina. Estas dúas últimas estimulan a producción de leite nas vacas.

E finalmente na industria de deterxentes podemos destacar: a lipolasa, que é unha encima moi eficiente coa suciedade, e a subtilisina, que resiste a lixivia e altas temperaturas.

Video moi interesante sobre a biotecnoloxía:

Catuxa Casal Vilar, Marina Rozados Carrera e Noa Pérez.

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta