Teorías sobre a extinción dos dinosauros.

Envellecemento racial:

Dado que os individuos nacen, crecen e morren; os dinosaurios apareceron, tiveron a súa época de prosperidade, declinaron e extinguíronse. Esta extinción foi debida a un proceso de envellecemento natural que produce caracteres extravagantes e inadaptivos.

Vexetación e exceso de comida:

Debido a que a finais do Mesozoico apareceron as plantas con flores pode ser que, estas novas plantas, non contiveran algún mineral con respecto ás anteriores e, polo tanto, os dinosaurios herbívoros deberon inxerir cantidades excesivas de alimento, morrendo por exceso de comida.

Orugas Depredadoras:

Debido a que a finais do Cretácico, a aparición das flores produciu a aparición de insectos. Os vermes destes insectos alimentábanse de follas, e a escaseza de paxaros fixo que se reproduciran masivamente. Esta reprodución masiva fixo que comezaran a escasear as follas, polo que os dinosauros herbívoros comezaron a morrer, o que provocou a consecuente desaparición dos carnivoros.

Grandes erupcións volcánicas:

Unha enorme erupción volcánica na zona de Decán (India) alterou a climatoloxía e ecoloxía do planeta, produxo unha intensa nube de po e cinzas que cubriu o sol eliminando a vexetación e produxo descenso da temperatura levando a extinción dos dinosauros e outras criaturas

Impacto dun meteorito:

Hai moitos indicios que afirman que indican que esta é a teoría que indican o que verdade pasou. Algúnhas das evidencias son, por exemplo, a presencia de grandes cráteres como un que se atopa en México.

Esta teoría afirma que, ao impactar o meteorito sobre a Terra, comezaron a producirse grandes maremotos e terremotos; seguido de grandes incendios por todo o planeta; posterior a isto levantouse unha nube de po e cinzas que cubriu a superficie da Terra impedindo que chegasen os raios do Sol, coa conseguinte desaparición dos vexetais e unha forte baixada das temperaturas que provocou grandes glaciacións. A desaparición dos vexetais propiciou a desaparición dos dinosauros herbívoros, os cales servían de alimento aos carnívoros e así acabouse a presencia de dinosauros na Terra.

Glaciación e enfriamiento do clima:

Ao final do Mesozoico comezaron a diferenciarse inverno e verán. Ademais diminuíu o nivel medio das temperaturas polo que comezaron a aparecer grandes bloques de xeo glacial preto dos polos. Estes cambios no clima produciron á súa vez cambios na vexetación da que se alimentaban os dinosauros herbívoros e unha diminución de individuos, o que deu lugar a un desequilibrio poboacional entre herbívoros e carnívoros. Ademais tamén se a posibilidade de que o frío influíse nos ovos dos dinosauros. Se eran de sangre quente non tiñan nin pelaxe nin plumaxe para protexerse e se eran de sangue fría non poderían protexerse en covas.

imagen

 

Diego Fuentes Martínez

Javier Cabalar Prieto

Iván González Borrageros

1º Bach. B

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta