Intróns e Exóns

    Os xenes humanos están constituídos por fragmentos de dúas clases: os intróns e os exóns.

   Os exóns son os fragmentos do xen que codifican aminoácidos da proteína mentres que os intróns son fragmentos do xen que se encontran separando os distintos exóns e non codifican aminoácidos. Nun primeiro momento da transcripción a información xenética pasa do ADN ao ARN e prodúcese un ARN inmaduro que contén unha copia exacta do xen, con exóns e intróns. No proceso de maduración doimagen ARN que ocurre no núcleo elimínanse os intróns e péganse os exóns para formar un ARN maduro que xa pode saír do núcleo hacia o citoplasma. Aínda que pode parecer que os intróns non sirven para nada xa que son despreciados neste proceso, isto non é certo, xa que en moitas ocasións conteñen importantes señales reguladoras do xen. Por outra parte, a súa existencia permite que os xens sexan modulares e se poidan combinar os exóns de diversas maneiras producindo proteínas diferentes con un mesmo xen. Por último, esta modularidade foi un factor moi importante na evolución dos xens.

Os exóns son as rexións dun xen que codifican proteínas. O ARN maduro que dirixe a síntesis dunha proteína está composto só de secuencias correspondentes a exóns.

É moi frecuente que os ARN maduros sufran o que se denominan “splicing alternativo” ou maduración alternativa pola que segundo o estado da célula elixe a combinación de exóns para compoñer o ARN maduro. Desta forma unha célula cun mesmo xen pode fabricar diferentes proteínas adaptadas a diferentes necesidades mediante o uso alternativo de exóns. Un exemplo deste fenómeno encontrámolo na inmunoglobulina M.

Un intrón é un fragmento de ADN que está presente nun xen pero que non codifica ningún fragmento da proteína. Os intróns son eliminados no proceso de maduración do ARN. Estes son comúns en todos os tipos de ARN eucariota, especialmente nos ARN mensaxeiros, ademais poden atoparse nalgúns ARNt e ARNr de procariotas. O número e a lonxitude dos intróns varía enormemente entre especies, así como entre os xens dunha mesma especie. Por exemplo, o pez globo, ten poucos intróns no seu xenoma; mentres que os mamíferos e as angiospermas(plantas con flores) soen presentar numerosos intróns.

Os intróns foron descubertos por Phillip Allen Sharp e Richard J. Roberts, o que lles supuxo gañar Premio Nobel de Fisioloxía e Mediciña en 1993. De todas formas, o término foi introducido polo bioquímico estadounidense Walter Gilber en 1978. Tradicionalmente afirmouse que os intróns son fragmentos de ADN que carecen de información. Sen embargo esta afirmación é cuestionada e conta con poucos adeptos. Actualmente recoñécense catro clases de intróns: Os intróns do grupo I, os do grupo II, os do grupo III e os intróns nucleares ou do grupo IV. Os do grupo I, II e III sufren autosplicing e os do grupo II e III son moi similares e presentan unha estrutura secundaria altamente conservada.

A continuación pódese observar un diagrama mostrando coma os exóns e os intróns se localizan de maneira intercalada nun xen. A cada extremo dun xen existe unha rexión non traducida do mismo. A transcripción dun xen a ADN, xera un RNA mensaxeiro inmaduro. Este ARN mensaxeiro leva a cabo o proceso de splicing no que se escinden os intróns e as rexións non traducidas. Unha vez aue o ARN mensaxeiro madura, pode ser traducido a unha proteína.

imagen

Comentario personal: Sen dúbida, os intróns e os exóns son fundamentais para os procesos referentes ao ADN e para a fabricación de proteínas.

Carla Mosquera Fernández

Rubén Rodríguez Rodríguez

1ºA de Bachillerato

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta