Defensa contra o ataque das Rocas Espaciais

Defensa contra o ataque das Rocas Espaciais

 

O 3 de xullo, unha rocha de 600 metros, coñecida como o asteroide “2004 XP14”, pasou moi preto da Terra, a unha distancia similar da que nos separa da Lúa. En dimensións astronómicas equivale a dicir que percibimos unha bala rozándonos o rostro.
Esa pedra, que ten un tamaño como o traxecto entre a Praza Liberdade e o Parque Infantil de San Salvador, é un de 784 asteroides coñecidos que orbitan a unha distancia moi próxima ao noso planeta.
Os asteroides son enormes rochas que miden dende poucos metros ata centos de quilómetros e son formados polos mesmos procesos que constituíron os planetas rochosos como o noso. Alí radica a importancia de que os estudemos, xa que poden darse pistas para armar o crebacabezas da orixe do noso Sistema Solar.

 

 

imagen

 

“Ceres”, o maior de todos os asteroides coñecidos, foi descuberto o 1 de xaneiro de 1801 polo astrónomo italiano Giuseppe Piazzi, quen traballaba nun catálogo estelar nun observatorio en Palermo. Esta rocha esférica ten 930 quilómetros de diámetro.
No Sistema Solar existe unha zona onde os asteroides están agrupados como en ningunha outra parte: entre a órbita de Marte e Xúpiter e xiran en torno ao Sol. Se tomásemos unha nave espacial e viaxásemos cara a esa rexión do espazo, sería difícil encontrar un, aínda así o espazo é tan enorme que encontrarnos un deles sería un acontecemento insólito.
Non adoita suceder, pero en ocasións os asteroides interpóñense no percorrido orbital dun planeta e acontece un impacto. Aínda que os planetas son maiores que os asteroides, as colisións son poderosas, tanto que poden cambiar a fisionomía dun planeta ou satélite.

 

 

 

imagen

 

 

Para facernos unha idea do poder dos impactos, resulta un bo exemplo a superficie lunar: cada enorme cráter que aconteceu no noso satélite procede dun impresionante choque acontecido nalgún momento da historia natural.
A Terra non é allea a estes eventos. Encontráronse numerosos cráteres na superficie e aínda que foron estudados, queda moito por saber deles.
Un deles encóntrase no departamento de Jinotega en Nicaragua, e é coñecido como o Val de Pantasma, o cal podería ser o resultado da actividade dunha antiga caldeira volcánica, pero tamén dun evento astronómico acontecido hai moito tempo.
O alemán Leo Kowald formula que o Val de Pantasma posúe as características dun cráter de impacto e proba a posibilidade da orixe meteórica de Pantasma baseada na similitude da forma do cráter con recoñecidos do mundo. Non obstante Kowald non é contundente e responsabiliza á pouca investigación xeolóxica realizada en Centroamérica como o principal obstáculo para determinar a orixe desta antiga cicatriz.

Feito por: Sara Valcárcel Maceira e Marcos Cervela Cardona.

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta