PROXECTO XENOMA HUMANO

1- Algunhas das accións de Venter desatan a pólémica entre colegas e publico en xeral. Nembargantes, él afirmou en ocasións que creou a vida artificial.

 a)  A que se refire?

.Ao principio a vida artificial foi criticada pola parte máis conservadora da sociedade e pouco a pouco foise adaptando socialmente ata a actualidade que están  ben vitos.

b) Cales cres que son as vantaxes dos descubrimentos como o realizado coa bacteria mycoplasma genitalium?

Mycoplasma xenitalium é unha diminuta bacteria parasitaria que vive nas células ciliadas e epiteliais do tracto xenital e respiratorio dos primates. Mycoplasma xenitalium é a bacteria da vida independiente máis pequena coñecida. Ata o descubrimento do Nanoarcheum(pequen microorganismo) en 2002, a Mycroplasma x enitalium era considerada tamén o organismo co xenoma máis pequeno (aparte dos virus).As súas principais aplicacións son o tratamento de enfermidades e a reducción da nosa dependencia enerxética dos combustibles fósiles

c) Cál é ó teu xuizo os riscos da manpulación xenética e a posibilidade da súa aplicación á seres humanos no futuro?

 A probabilidade de modificar a “esencia” do ser humano, crear seres humanos deseñados, de acordo a intereses particulares. Convertir en mercadoría (comercializar) un patrimonio da natureza. Sobrepoboar o planeta. Un desequilibrio ecolóxico difícil de revertir. Quizáis o peor esté en que, a facultade de mesturar xens de humanos e de animais, surxa a posibilidade de crear monstruos, mitade homes e metade bestias.

 

2- Visita a seguinte páxina e accede á secuencia de algún dos xenes presentes nos cromosomas humanos: http://huref.jcvi.org.

Browse by Karyotype

1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 X Y

Click on a chromosome band to view this region in the browser.

3- O Proxecto Xenoma Humano desenrolouse gracias á acción conxunta de numerosas institucións de científicos repartidos por todo o mundo.

a) En que consiste o Proxecto Xenoma Humano?

O proxecto xenoma é o primeiro grande esforzo coordinado internacionalmente na historia da bioloxía. Proponse detemina-la secuencia completa do xenoma humano, localizando con exactitude os ata hai pouco considerados 100.000 xenes aproximadamente e o resto do material hereditario da nosa especie, responsables das instrucións xenéticas do que somos dende o punto de vista biolóxico.

Realmente, o que chamamos proxecto xenoma é o termo xenérico co que designamos unha serie de diversas iniciativas para coñecer ao máximo detalle os xenomas non soamente de seres humanos, senón dunha serie de organismos modelo de tódolos dominios da vida, todo o cal se espera que dea un impulso formidable no coñecemento dos procesos biolóxicos e da fisioloxia e patoloxía dos seres humanos e que se traducirá en multitude de aplicacións técnicas e comerciales en ámbitos como o diagnóstico e terapia de enfermidades, biotecnoloxías, instrumental, computación, robótica, etc.

b) Que utilidade pode ter coñecer a secuenciación completa de xenoma dunha persoa?

Saber as enfermidades que pode ter unha persoa para combatilas antes de que se manifesten os seus efectos.

c) Qué implicación social pode ter o coñecemento público dos xens dunha persoa?

Que esa información xenética chegue a malas mans e inflúa na vida de algunha persoa que teña algún xen pexorativo ou condicione a actitude de algunha persoa ó saber o resultado do estudo des seus xens.


Opinión persoal: a creación da vida artificial, desde o noso punto de vista é un gran avance sempre que se lle dea un uso adecuado, polo contrario pode ocasionar graves consecuencias na nosa especie.

Diego Gómez  Méndez

Gonzalo Louzao Dono

 

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta