A revolución xenética

 

 

 

Dende a creación da xenética e mesmo antes de 1953, os xenes foron consideradas entidades abstractas de información, que determinaban características de morfoloxía e función nun organismo. Eran unidades separadas que foron transmitidas de xeración en xeración, seguindo os principios mendelianos e outros estándares de herdanza. Esta visión limitase a estudar a xenética de caracteres hereditarios, como a cor das sementes, lonxitude de tronco, cor de ollos, pigmentación da pel.
En 1953, a publicación da estrutura do ADN por Watson e Crick foi un acontecemento histórico que transformou a xenética dende a súa fundación. O coñecemento da estrutura do ADN marcou o curso da investigación sobre a codificación e expresión da información xenética subxacentes aos mecanismos da herdanza. O descubrimento de que os xenes son ADN supuxo a incrible habilidade de manipular o material xenético exactamente como faría con calquera outra molécula, e foi o inicio da tecnoloxía do ADN recombinante.
Isto marcou o inicio da revolución xenética.

imagen

Marta Durán y Alba Rey

 

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta