A enerxía nuclear

A enerxía nuclear é aquela que se obtén da fusión ou división de átomos. Obtense nas centrais nucleares, todo vixiado por altos sistemas de seguridade.

imagen

O método máis empregado é a fisión. Ésta básase na partición de átopos susceptibles (aptos para “romperse”) mediante o bombardeo con partículas de enerxía, por exemplo o átomo. Non tódolos átomos son aptos para este método, nin tódolos isótopos dun mesmo elemento.

A fusión nuclear é o proceso contrario. É a unión de núcleos de átomos para formar un máis pesado. Neste método, por contra, pódese absorber ou desprender enerxía, depende do seu tamaño. Os átomos máis pequenos que o Ferro fusiónanse desprendendo enerxía e os de maior tamaño, despréndena.

Así como  a enerxía nuclear ten os seus puntos positivos, como a obtención de unha gran cantidade de enerxía, tamén ten os seus negativos. Os residuos son moi radiactivos e hai dificultade para desfacerse deles. O traballo cos átomos xera gran reactividade e as centrais teñen que estar sometidas a un gran control. No caso de haber fallos no funcionamento, pódense dar as fugas. Foi moi famoso, e sígueo sendo, o caso de Chernobyl.

       Actualidade

Nestes, como xa sabedes, houbo un problema na central nuclear de Fukushima debido a un terremoto de 8’9 graos na escala Ritcher. O problema está nos reactores da dita central, xa que necesitan arrefriarse para non producir máis explosións e non provocar máis fugas radiactivas. Se non se arrefrían en tempo, as fugas comezarían a afectar a poboación maila flora e fauna da zona. Para intentar facelos arrefriar estanlle vertendo auga do mar desde helicópteros.

Lucía Rodríguez e Sara Campos

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Riscos. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta