Aportacións Severo Ochoa

SEVERO OCHOA

Os aspectos máis relevantes da achega do Prof. S. Ochoa á Ciencia teñen dúas vertentes, a científica e a humana. Na vertente científica cabe destacar catro grandes áreas nas cales as achegas de Ochoa e o seu grupo foron e son esenciais para o desenvolvemento da Bioquímica e a Bioloxía Molecular:

1) Estudos sobre o metabolismo intermediario oxidativo con achegas esenciais na oxidación de piruvato, a fixación de CO2 e etapas cruciais do ciclo de Krebs.

2) Descubrimento da polinucleótido fosforilasa e os estudos sobre a síntese de ácidos ribonucléicos. Ochoa conseguiu con este encima e por primeira vez a síntese de ácido ribonucléico (ARN) in vitro en 1955. Por estes descubrimentos foi galardoado co Premio Nobel en 1959.

3) Achegas fundamentais para o desciframento do código xenético cos grupos de investigación de Khorana e Nirenberg.

4) Achegas críticas que permitiron deseñar o mecanismo da biosíntese proteica en bacteria e en células superiores, así como os seus mecanismos de regulación. Hai que resaltar que practicamente todas as achegas realizadas polo Prof. Ochoa están vixentes hoxe en día e constitúen en moitos casos pedras angulares do desenvolvemento de grandes áreas da Bioloxía Molecular. En canto ao perfil humano, o Prof. Ochoa era unha personalidade apaixonante polo entusiasmo e dedicación á súa disciplina científica. Non en van lle deu o título de “The pursuit of a hobby” á autobiografía científica que se publicou en Annual Reviews on Biochemistry en 1980. O seu trato, cordialidade e accesibilidade caló moi fondo na comunidade científica internacional. Era notable a súa capacidade de facer doado o difícil. A súa pegada na Ciencia española foi enorme a través dos seus colaboradores como coa comunidade científica española.

Nerea Cernadas Álvarez

Andrea Gutiérrez

Esta entrada foi publicada en 2 - ORIXE DA VIDA e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta