Exoplanetas

Un exoplaneta ou planeta extrasolar é un planeta que orbita unha estrla diferente do Sol, e polo tanto pertence a un sistema planetario que non é o sistema solar. A 25 de feberiro do 2009 están listados 342 exoplanetas na Enciclopedia de Planetas Extrasolares. A maior parte deles detectados a traves da observación das velocidades radial e doutros métodos indirectos. A maior parte destes decubrimentos son de xigantes gasosos, do tipo Xupiter, pero isto sobre todo é debido ás limitacións tecnolóxicas

CONFIRMACION DOS DESCUBRIMENTOS 

A primeira publicación dun descubrimento que posteriormente tivo confirmación foi feita no ano 1988 polos astrónomos canadenses Bruce Campbell, G. A. H. Walker, e S. Yang. Ás súas observacións da velocidade radial suxerían que a estrela Gamma Cephei orbitara un planeta. As súas propias precaucións a cerca do reclamo do descubrimento de plantas extrasolares, e o grande escepticismo que persistía na comunidade astronómica ó redor destas e outras observacións semellantes, deron como resultado que se tardase varios anos en confirma-lo descubrimento. Hai que ter en conta que este escepticismo era debido en boa parte polas limitacións tecnolóxicas dos instrumentos usados para as devanditas observacións naqueles anos, e tamén por que existía outra fonte de posible confusión, moitos destes planetas podían ser confundidos con ananas marrons, uns obxectos cunha masa intermedia entre os planeta tipo Xúpiter e ás estrelas de menor tamaño.

imagen

Juan Amaro 1ºC Bachillerato

Esta entrada foi publicada en O Universo. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta