O ceo, a Lúa e Marte

 O ceo

Ceo defínese normalmente como o espazo no que se moven os astros e por un efecto visual parece que rodea a Terra.

O ceo é azul debido á luz solar (integrada polas distintas cores do arco da vella) e á humidade da atmosfera.

 

Coa calor do Sol fai que parte da auga da superficie terrestre se evapore. A humidade diríxese ao ceo.

 

 

 

imagen

Marte

 

 Marte é apodado como o planeta vermello o cal é o cuarto planeta do sistema solar e forma parte dos planetas chamados telúricos, ademais é o planeta interior máis afastado do Sol. As rochas, chán e ceo teñen unha tonalidade rousada.

 

Os astrónomos creeron ver líneas rectas que atravesaban a súa superficie. Isto levou á crenza popular de que algún tipo de intelixencia construíra canles de irrigación. Outra razón a cal conduxo aos investigadores a esperar a presenza de vida en Marte eran os cambios estacionais da cor na superficie do planeta. Este fenómeno levou a especular sobre a posibilidade de que as condicións da superficie produxeran un florecemento da vexetación durante os meses cálidos e un estado de latencia durante os períodos máis fríos.

 

Os tres experimentos biolóxicos realizados polas sondas descubriron unha actividade química inesperada e enigmática no chan Marciano, pero non suministraron ningunha evidencia clara sobre a presenza de microorganismos vivos no solo cercano ás sondas.

 

 

 

imagen

 

A Lúa

A Lúa é o satétite natural da Terra , visible desde esta só en parte e baixo formas distintas, chamada fasessegundo a posición que teña respecto da Terra e o lado por onde reciba a luz do Sol.

A rotación foise sincronizando ó longo do tempo coa da Terra, de xeito que sempre se observa aproximadamente a mesma parte de superficie dende a Terra.

A Lúa xira arredor da Terra, acompañándoa no seu xiro arredor do Sol. A súa órbita é elíptica, cun perixeo a 356.400 km e un apoxeo a 406.700 km, momento no que a lúa se ve máis pequena aínda estando chea (de calquera xeito, non deixa de ser unhas 25.000 veces máis brillante ca Sirio).

 

imagen

 

Nerea Cernadas Álvarez

Andrea Gutiérrez Suárez

Esta entrada foi publicada en 1, O Universo. Garda o enlace permanente.