Probas de centrales nucleares

imagen

Tras o desastre acontecido o pasado 11 de marzo en Xapón, o mundo está en alerta. Durante estes cinco días posteriores ao terremoto e ao consecuente accidente na central nuclear de Fukushima, non se parou de comentar que e como cambiou a situación para a enerxía nuclear a nivel mundial.
Ata agora, a máis atrevida foi o chanceler Angela Merkel que deu o primeiro paso coa súa decisión, feita pública onte, de pechar sete das 17 centrais nucleares instaladas en Alemaña antes de 1980. Nun prazo de tres meses, parasen a súa actividade por “razóns de seguridade”, tal como dixo o xefe do Goberno alemán.
Unhas horas despois de facer pública esta decisión, o comisario de Enerxía do bloque comunitario, Gunter Ottinger, comunicaba que a Unión Europea (UE) deberá facer uns completos informes de seguridade en todas as súas centrais nucleares para reforzar a seguridade, serán uns test de resistencia que avaliasen o sistema de seguridade das centrais mediante simulacións de situacións de risco como terremotos, tsunamis ou ataques terroristas.

 

Realizado por Lorena Rozados, Adrián Rey e Diego Fernández.

Esta entrada foi publicada en 1, RISCOS NATURAIS. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta