Despertares

Sinopse

Un doutor comeza a traballar nun hospital de Nova York tratando enfermos de encefalitis letárxica, unha enfermidade que deixa o afectado en estado somnolento, apático…, que os leva ao letargo.
Pouco a pouco dase conta de que os enfermos poden chegar a ter un tipo de vida diferente e ter sensacións, querer, desexar, etc. Céntrase nun dos seus pacientes, Leonard. Unha noite, este esperta, pero volve desenrolar os síntomas da enfermidade logo de ser tratado con L- dopa, unha droga que suaviza os efectos da encefalitis letárxica. Leonard coñece a alguén que vai ter unha influencia decisiva nos seus desexos de espertar e vivir.

Cuestións

1. Ten a ciencia, en si mesma, unha dimensión humanista e moral?
Non, somos nós, as persoas, as que temos que poñer os límites, e ter en conta os sentimentos das outras persoas.

2. a) Pensas que para adicarse á medicina non basta co interés científico, senón que é precisa unha vocación de asistencia?
Si, precísase unha vocación que te mova a querer axudar aos demais.

b) Que outras ciencias se poden considerar, nisto, próximas á medicina?
A bioloxía, polo tema da enxeñaría xenética; a química, por mor dos medicamentos ou as drogas; etc.

c) No caso da xenética, pensas que cabe unha investigación independente dos efectos que poden derivarse dos métodos e sistemas aos que pode chegarse?
Non se coñecen reaccións adversas ou efectos nocivos, pero é unha ciencia recente e non se sabe se aínda poden xurdir, así que non estaría demais asegurarse. Sen embargo, ata o de agora non foi necesario, así que quizais non sexa tan urxente.

3. Pódese administrar unha droga sen coñecemento dos posibles efectos secundarios?
Si, se é a única maneira de salvar a vida desa persoa, é probable que compense os efectos secundarios o feito de evitarlle a morte.

Feito por Patricia Rey e Laura Sanmartín

imagen

 

Esta entrada foi publicada en vivir máis, vivir mellor. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta