Caracol mariño que se está dividindo en dúas especies.

 Dez metros. Esta é a distancia que conseguiu que un caracol mariño que se atopa nas costas galegas estea a evolucionar cara á formación de dúas especies diferenciadas. O caso da Littorina saxatilis, nome científico desta especie, é un dos fenómenos de especiación máis claros que se detectou no mundo.

 Os investigadores da Universidade de Vigo déronse conta de que os caracois que se atopaban na zona baixa das rocas tiñan características diferentes aos que estaban máis afastados. Nos puntos máis altos, onde case non teñen contacto coa auga, os caracois teñen bandas e son de maior tamaño. En cambio, os da zona baixa teñen a cuncha lisa.

Estes dous ecotipos se solapan nunha zona media aínda que os investigadores comprobaron que hibridan con baixa frecuencia, dando pé a exemplares dun terceiro tipo con características intermedias. Practicamente funcionan como grupos illados polo que as súas diferenzas son cada vez máis evidentes.

Nesta investigación, que dirixe o profesor Emilio Rolán-Alvárez, levan preto de vinte anos traballando. Os resultados tiveron gran repercusión a nivel internacional porque se trata dun fenómeno pouco común. Aínda que é un dos casos máis claros, a súa evolución é tan lenta, miles de anos, así que hai tempo para continuar estudando o poliformismo desta especie. O seu obxectivo actual é realizar estudos xenómico para comprobar con análises de DNA e proteínas as diferenzas.

 

imagen

Martins Vilar
Marcos Regueiro
Ignaccio Vázquez

 

Esta entrada foi publicada en 1 - GENERAL. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta