Bacteria que destronou o estrés

En 1982 descubriuse que a bacteria Helicobacter pylori era a principal causante da gastritis e da úlcera de estómago e duodeno. Este descubrimento destronou a idea de que a úlcera era causada polo estrés senón que estaba provocada por dita bacteria.

Esta bacteria ten forma de espiral e forma colonias na cavidade estomacal. A Helicobacter pylori soe contaxiarse na infancia e a través da auga nos países subdesenrrolados e está presente no 50% das persoas.

A úlcera soe localizarse no estómago e duodeno e trátase a través de antibióticos que son efectivos en máis do 80% dos casos. A infección diagnostícase mediante un test de alento e unha biopsia da mucosa gástrica.

Barry J. Marshall e J. Robin Warren foron os encargados deste descubrimento polo que foron premiados co Nobel de Fisioloxía en Mediciña no ano 2005. Ademais estimularon novas aportacións científicas que permitiron profundizar no coñecemento nun problema médico que tiñan un forte impacto social.

Noa Pérez

Marina Rozados

Catuxa Casal

Esta entrada foi publicada en vivir máis, vivir mellor. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta