Cando o Destino nos Alcance

É unha película americana de ciencia ficción. Inspirada no libro de Harry Harrison do ano 1966, chamado Hagan sitio! Hagan sitio!

A historia sitúase no ano 2022 na cidade de Nova York, onde conviven clases de persoas antagónicas; os que viven en perfectas condicións e os que malviven nas rúas da cidade. Os que malviven nas rúas beben auga que gardan en garrafas e só poden comer dúas clases de alimentos: soylent rojo y soylent amarillo.

Os temas nos que se centra este filme é: o agotamento dos recursos naturais, degradación ambiental extrema e a sobrepoblación.

Os protagonistas desta película  veranse involucrados nun asasinato dun dos principais accionistas de Soylent.

Mentres tanto, aparece un novo produto alimentición producido con placton de todo-los océanos.

A búsqueda do asasino complícase e cada vez parece máis compricado atopar ao culpable.

Esta película fíxose moi popular nos seus días e incluso agora, é nomeada en nomerosas series de televisión, libros, películas…

 Respostas das preguntas propostas:

Qué é máis razonable e esperable, un futuro utópico ou distópico?

Unha utopía, posto que nunca chegaremos aos limites que propón esta película (alimentarse de cadáveres).

Existe algunha outra posibilidade?

Si, tamén pode pasar o que propoñen outras películas, que chegue a fin do mundo en 2012, que exista vida noutros planetas ou que superevolucionemos. Hai moitas posibilidades e ninguén sabe cal sucederá.

A fame no mundo é unha cuestión de falta de recursos ou de mala distribución?

De mala distribución e de abaricia, porque hai suficiente cantidade de alimentos para repartir, pero se os repartimos  gratis non os vendemos e se non os vendemos non gañamos diñeiro.

Que futuro poden ter os alimentos transxénicos na alimentación?

Bastante, posto que incrementa a producción e teñen mellores propiedades.

 A corrección de desigualdades inxustas é unha cuestión científica ou unha cuestión política e social?

É unha cuestión política e social.

 

imagen

 Laura Oliveira Sánchez e Lidia Fernández Touceda 1ºC

Esta entrada foi publicada en TEMAS DE CCMC. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta