Luc Montagnier

Luc Montagnier naceu o 18 de agosto de 1932 en Chabris, Francia. Realizaou o seu doctorado en Mediciña na Universidade de Poitiers e en 1967 iniciou as súas investigacións en viroloxía. En 1972 foi nomeado xefe da unidade Oncolóxica Viral do Instituto Pasteur e eb 1974 foi desigando tamén director do Centro Nacional de Investigaciones Científicas. En 2008 obtivo o Premio Nobel de Medicina, xunto a Harald zur Hausen e Françoise Barré-Sinoussi polo descubrimento do VIH, virus causante do SIDA.

 

 imagen

En 1983 o equipo do que forma parte describiu e identificou o que sería un dos maiores descubrimentos das últimas décadas do século XX: o virus VIH causante da sida, apenas pouco despois de que esta síndrome fose recoñecida como unha nova entidade patolóxica, en 1981. O virus foi chamado inicialmente virus asociado a linfomadenopatía (LAV). Un ano despois o equipo do estadounidense Robert Gallo confirmou o descubrimento do virus e que este era o causante da sida. O virus foi renomeado virus T-linfotrópico tipo III (HTLV-III).

Durante moitos anos houbo unha forte disputa sobre se o primeiro en illar o virus fora Montagnier ou Galo. En Novembro de 1990, a Oficina de Integridade Científica dos Institutos Nacionais da Saúde intentaron clarificar o asunto designando unha comisión que analizase as mostras almacenadas no Instituto Pasteur e no Laboratorio de Bioloxía de Células Tumorais do Instituto Nacional do Cancro entre 1983 e 1985. O grupo, liderado por Sheng-Yung Chang concluíu que o virus de Gallo proviña do laboratorio de Montagnier. Chang concluíu que o virus do grupo francés contaminara un cultivo do que o grupo de Montagnier enviara unha mostra a Galo e, á súa vez contaminou os cultivos nos que Gallo estaba trabajando.

Hoxe en día recoñécese que o grupo de Montagnier foi o primeiro en illar o virus HIV, pero que o grupo de Gallo foi o que demostrou que o virus causa a sida e foi responsable de gran parte do desenvolvemento científico que fixo posible o descubrimento, incluíndo unha técnica desenvolvida previamente por Galo para o cultivo de células T en laboratorio.

No número de 29 de Novembro de 2002 de Science, Galo e Montagnier publicaron unha serie de artigos, un deles co-escrito por ambos os dous, no que recoñecen as achegas fundamentais que ambos os dous tiveran no descubrimento do VIH.


Comentario: Sen dúbida algunha, este home foi o gran revolucionario no que respecta aos virus oncolóxicos e descubridor dun grande problema que afecta hoxe en día e nos seus tempos á nosa sociedade.

Carla Mosquera Férnandez

Rubén Rodríguez Rodríguez

1ºA Bacharelato

Esta entrada foi publicada en vivir máis, vivir mellor. Garda o enlace permanente.