A gripe española foi o virus que causou a peor pandemia da historia, arredor duns 50 millóns de mortos en todo o mundo entre 1918 e 1919. A gripe española foi reconstruída fai dous anos por investigadores norteamercanos a partir de mostras de dous soldados e o cadáver dunha muller esquimal que aguantara en bo estado nunha fosa comun en Alaska.
Cando a gripe nos invade todos os anos, algúns dos virus son descendentes da gripe española. As vítimas morrían rápidamente, primeiro en Estados Unidos, logo en Europa e máis tarde no resto do mundo. O virus ten oito xenes cuxa secuencia foi recentemente completada por JEffrey Taubenberger, que leva dende o 97 recontruíndo xenéticamente o virus.
¿Qué pode pretendese reconstruíndo xenéticamente ese virus xa extinto e rexenerándoo de novo?
Pois para estudar os seus efectos, empleando para iso, diversas versións fabricadas con xenes de outros virus gripales, e así efectuar comparacións e descubrir os efectos que o fixeron tan mortífero. Como o virus orixinal, os ratos e polos nos que foi probado, morreron rápidamente, da mesma forma que a gripe aviar.
¿Que riscos conleva unha investigación científica destas características?
Dado que é un brote de extremada virulencia, os riscos que entraña estas investigacións son bastante grandes si chegase a pasar algo. Por outra parte, sempre está moi controlado e as posibilidades de que ocorra algo son ínfimas.
Iago Fernández e David Suárez