A enfermidade de Sachs

É unha enfermidade que afecta ao sistema nervioso central e é hereditaria. Non se percibe cando os bebés nacen pero a medida que medran comezan a aparecer os primeiros síntomas, que son a parálise física, retraso mental, cegueira e xordeira. Non adoitan vivir máis de dous anos.

A causa desta enfermidade é a falta dunha encima, a hexosaminidasa-A, que degrada macromoléculas (lípidos). Ao non ser degradadas, éstas acumúlanse nas células cerebrais, deteriorando o sistema nervioso.

O libro “La maladie de Sachs” trata a historia dun doutor rural que, máis que curar, axuda aos seus pacientes como psicólogo e pano de lágrimas. Chega un momento que se sente tan angustiado polo seu traballo que comeza a escribir diarios.

a) Na túa opinión, por qué é prioritaria a atención médica personalizada?

É prioritaria porque che permite coñecer máis a fondo cada paciente.

b) Qué progresos médicos che parecen máis importantes entre os máis recentes?

Os avances máis importantes danse no campo da investigación con células nai e clonación, e transplantes.

c) A medicina é máis unha cuestión científica ou unha disciplina humanística?

Trátase dunha cuestión científica porque se precisan coñecementos sobre a anatomía humana e enfermidades, polo tanto non se estudan as emocións. Emprégase o corpo do ser humano como material de traballo. En cambio, os psicólogos e demáis estudan os comportamentos, emocións e reaccións.

d) Qué é máis importante na medicina a preparación técnica ou a vocación? 

Un pouco de todo. Necesítase preparación técnica para saber o que se ten que facer e vocación para ter ganas de facelo e ansia para mellorar e aprender.

Lucía Rodríguez Vázquez e Sara Campos Rosende

Esta entrada foi publicada en vivir máis, vivir mellor. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta