Polimerasa

A reacción en cadea da polimerasa é unha técnica que permite replicar entre centos de miles e millóns de veces, pequenas cantidades de ADN. Unha das achegas fundamentais desta metodoloxía á investigación básica en bioloxía molecular consiste, na rapidez e eficiencia mediante as cales se realiza unha tarefa que antes requiría longas e tediosas xornadas. O produto que se obtén ao finalizar a reacción -unha gran cantidade dun fragmento xénico con alto grao de pureza- favorece a tarefa dos investigadores empeñados en ampliar os nosos coñecementos sobre a estrutura e función dos xenes. Pola súa alta sensibilidade, esta técnica permite identificar un xene a partir dun só cabelo, unha célula somática ou un espermatozoide.

Ata mediados da década do oitenta, a única estratexia posible para illar un xene e obter grandes cantidades deste en estado puro era o “clonado molecular“.

En 1986, K. Mullis inventou un método para lograr a multiplicación in vitro de fragmentos definidos de ADN sen necesidade de recorrer aos vectores e a súa replicación en bacterias. Este método revolucionaría en curto tempo o conxunto de técnicas da bioloxía molecular. O seu uso estendeuse rapidamente a miles de laboratorios, non só de investigación básica, senón tamén de diagnóstico clínico. Trátase da reacción en cadea da polimerasa, xa moi coñecida como PCR, siglas provenientes do inglés Polymerase Chain Reaction.

imagen

Feito por Alejandro Iglesias.

Esta entrada foi publicada en vivir máis, vivir mellor. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta