Herpes

 

O herpes é unha enfermidade infecciosa vírica, que se caracteriza pola aparición de lesións cutáneas formadas por pequenas vesículas agrupadas en racimo e rodeadas de un halo vermello. Comunmente afecta á cara, labios, boca e tamén en xenitais.

 

Modo de contaxio:

O modo de contaxio máis habitual é debido ó contacto sexual ou outro tipo de contactos nos que poidan ser intercambiados fluídos. De todas formas a infección inicial de herpes oral ocurre xeralmente durante a infancia e non está clasificada como unha enfermidade de transmisión sexual.

Tratamento:

Aínda que actualmente non existe cura para o herpes, existen diferentes tratamentos, principalmente aciclovir, para reducir os síntomas e acelerar o proceso de curación.  O virus non desaparece do organismo, persiste de forma latente, ata a reaparición do seguinte episodio activo.

Tamén é aconsallable, para unha curación máis rápida e para evitar contaxios os seguintes puntos:

  • Manter a parte infectada limpa.
  • Non tocar ou tocar o menos posible as lesións.
  • Lavar as mans antes e despois de un contacto cas lesións.
  • En caso de herpes xenital, evitar o contacto sexual.
  • En caso de herpes labial evitar os bicos e outras formas de transmisión de fluídos.

    imagen

David Tosar Gandásegui

Jorge González Fuentes

Esta entrada foi publicada en Enfermidades. Garda o enlace permanente.