Orixe do Sistema Solar

Principais etapas da orixe do Sistema Solar:

1.-Contracción dunha nube de hidróxeno e helio.

2.-Aplanamento do sistema.

3.-Formación de planetesimales.

4.-Reaccións nucleares ó centro.

5.-Aparición do sistema baixo a súa forma actual.


Explicación:

Ao principio, o Sistema Solar era unha nube de hidróxeno e helio arredor dun centro galáctico. A medida que pasou o tempo, esa nube contraeuse suavemente enriquecéndose dos elementos máis pesados durante as explosións de estrelas próximas masivas.

O sistema séguese contraendo polo que o seu tamaño se vai reducindo. Seguindo as leis da física, ao diminuír o seu tamaño vai aumentando a sua velocidade de rotación e como é ríxido dá un forte aplanamento respecto ó eixe de rotación. Encontrámonos entón cunha concentración de materia no centro o que chamamos protoestrela.

O resto da nube distribuiuse en forma de disco ao arredor da protoestrela. Este aumentou a súa temperatura ata alcanzar o punto de fusión, formando planetesimales que xiraban ó arredor do Sol unha vez xa formado.

Os planetesimales chocaban entre sí frangmentándose. Ós de maior tamaño fóronse incorporando pequenos frangementos polo que, crecían cada vez máis, ata constituír os planetas.

Así foi como quedaron organizados os planetas, en órbitas, mediante as cales xiran ao arredor do Sol.


http://www.youtube.com/watch?v=IR_daID5shc&feature=fvwrel

Beatriz, Laura, Paula Torres, Paula Rey 1º Bac A.

Esta entrada foi publicada en O Universo. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta